RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Conta atrás no Dépor ABANCA para recibir ao líder, Barça B

O Deportivo ABANCA inicia mañá mércores a conta atrás para recibir en Abegondo ao FC Barcelona B, o sábado 18 ás 12:00 horas, en partido correspondente á 23ª xornada en Primera Federación Iberdrola.

A última xornada de liga deixou ás Nosas en 2ª posición con 41 puntos, a 2 puntos do filial azulgrana, líder con 43 puntos. Por detrás veñen o Cacereño Femenino e a SD Eibar igualados con 39 puntos.

Irene Ferreras dispón para preparar o partido de tres sesións de adestramento ás 10:00 na Cidade Deportiva, cada xornada con traballo previo de ximnasio e vídeo a partir das 9:00 horas para as xogadoras.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 15 de marzo
10:00 h.

Xoves 16 de marzo
10:00 h.

Venres 17 de marzo
10:00 h.

Sábado 18 de marzo
12:00: Deportivo ABANCA - FC Barcelona B, en Abegondo