RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
BENXAMÍNS

Continúan as sesións formativas na canteira deportivista, neste caso co Benjamín B

O Área Educativa do Club, que coordina Macario Bravo, continúa con as súas charlas formativas dirixidas aos 11 equipos que integran a canteira deportivista.

Así, hai uns días, a doutora María Varela López falou aos xogadores do Fabril e Xuvenil A sobre saúde bucodental e a súa relación co rendemento deportivo; e a psicóloga Noelia Campelo charlou cos xogadores do Alevín A sobre  os valores do "futbolista 10".

A quenda nesta ocasión foi para o Benjamín B, integrado polos xogadores máis novos que ten o Club. Todos eles recibiron unha charla, coordinada polos seus técnicos Roberto Veres e Gabriel Domínguez, a cargo do psicólogo Jacobo Ceide, tamén sobre os valores do "futbolista 10".

Esta actividade formativa continuará durante os próximos meses de competición co resto de equipos.