RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Convocados para o partido de Atenas

Molina, Munúa, Héctor, Andrade, Naybet, Pablo Amo, Romeu, Mauro, Duscher, Sergio, Víctor, Scaloni, Valerón, Fran, Munitis, Pandiani, Diego Tristán e Luque son os convocados por Javier Irureta para o partido do mércores ante a AEK de Atenas (20:45 horas, A

O técnico advertiu do perigo de AEK, un equipo loitador e forte "hai que lembrar que o Madrid o ano pasado só conseguiu dous empates" e manifestou que as condicións serán similares a Sevilla en canto a humidade e calor. Para Irureta, aínda que o equipo está nun bo momento anímico, o campo será un factor en contra "porque é pequeno e tes a xente encima".

O equipo sairá rumbo a Atenas o martes ás 8:30 horas en voo chárter da compañía Futura (FUA 7607) con chegada aproximada á capital grega ás 14:00 hora local. O propio martes pola tarde, ás 19:30 horas (hora de Atenas) Javier Irureta ofrecerá unha rolda de prensa no Estadio e ás 20:00 horas será o adestramento do equipo no que será escenario do encontro.

O equipo aloxarase no Hotel Zafolia. O mércores o encontro será ás 20:45 (hora española) e á 1:35 da madrugada do xoves a expedición regresará en chárter (FUA 7608) con destino a Santiago de Compostela.