RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
SAN TIRSO SD

Cruel desenlace de partido para o San Tirso SD Infantil ante o CD Lugo

Fatídica segunda parte para o San Tirso SD Infantil no Monte (2-4) ante o CD Lugo, en partido correspondente á 4ª xornada na División de Honra.

Os 'verdes' puxéronse por diante no marcador con 2-0 grazas aos goles de Gandarela e Yael nos minutos 26 e 56 respectivamente.

Pero a partir de aí o rumbo do partido cambiou, o CD Lugo fíxose coas rendas do xogo e logrou darlle a volta en 22 fatídicos minutos.

Con este resultado, o equipo de Samuel Montoto queda con 3 puntos na 12ª posición.

San Tirso SD Cadete: Brais Taín, Sergio, Antón, Manu Alcázar, Hugo Caridad, Hugo Ferreiros, Javi Barral, David Ramos, Gandarela, Álex Martínez e Cabaleiro. Tamén xogaron: Alejandro Pais, Mateo, Daniel, Íker Obeso e Yael.

Mañá martes 10 de outubro, o San Tirso SD Infantil visita ás 18:30 en Abegondo ao Infantil branquiazul en partido adiantado á 5ª xornada. E o mércores 11 ás 17:30, Hugo Ferreiros e Antón Vilariño están citados coa selección galega sub-14 no campo de Valiño (Boiro) para un amigable ante o EFM Concello de Boiro.

Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:

CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela)
San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3
UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-)
San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4