RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Cuarta visita consecutiva do DéporCampus Cabreiroá a Silleda

Silleda acolleu na mañada do pasado xoves 15 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá 2023 de verán que se realizará na localidade pontevedresa por cuarto ano consecutivo.

O acto contou coa participación de Manuel Cuíña Fernández, alcalde de Silleda; Mónica González Conde, concelleira de deportes, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

Despois do éxito das súas primeiras tres edicións, superando a barreira dos 60 participantes o verán pasado, a Fundación RC Deportivo repetirá a actividade este mes de xullo no campo de fútbol de Bandeira, en Silleda.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e celebrarase entre os días 10 e 14 de xullo cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Silleda e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do mércores día 5 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.