RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Cuntis incorpórase á nómina dos DéporCampus Cabreiroá 2018

Cuntis converteuse nunha das novas sedes dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Atlético Cuntis e o concello da localidade pontevedresa.

A vila da Comarca de Caldas estrearase nos DéporCampus Cabreiroá cunha quenda entre do 16 ao 20 de xullo.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2018 de Cuntis acudiron a concelleira de Deportes de Cuntis Conchy Campos, o presidente do Atlético Cuntis Fran Fontenla, a representante de Termas de Cuntis Vanesa Fuentes e, en representación do RC Deportivo, Pablo Barros, director dos DéporCampus.

O Campo Municipal de Fútbol da Ran será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 12 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl