RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Cuntis será escenario dun DéporCampus Cabreiroá por cuarta vez

O salón de actos da biblioteca municipal de Cuntis acolleu onte martes 21 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar na localidade pontevedresa dentro dun mes.

O DéporCampus Cabreiroá de Cuntis terá lugar no Campo Municipal de Fútbol da Ran grazas á colaboración entre o Atlético Cuntis, o Concello de Cuntis e a Fundación RC Deportivo.

Cuntis será, despois da pausa do ano 2020 debido á pandemia, sede dun DéporCampus Cabreiroá por cuarta vez.

Á presentación acudiron Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Conchy Campos, concelleira de deportes de Cuntis; Fran Fontenla, presidente do Atlético Cuntis; Javier Gestoso, tesoureiro do Atlético Cuntis; Vanesa Fuentes, en representación de Termas de Cuntis, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 18 e 22 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Cuntis e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 14 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.