#ANOSACANTEIRA estará representada desde hoxe luns nos compromisos das categorías inferiores da selección española masculina e feminina con David Mella e Elena Vázquez, dúas das grandes promesas de Abegondo.
Mella, a Turquía
Así, David Mella foi convocado pola sub-18 para un torneo internacional na localidade turca de Bursa.
O canteirán branquiazul, aínda en idade xuvenil, realizou boa parte desta pasada pretemporada co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez e está en dinámica do Fabril de Tercera RFEF. Onte por exemplo foi titular ante o Alondras CF.
Os rivais de España serán Portugal, Romanía e Turquía en calidade de anfitrioa, con este calendario:
Xoves 22 de setembro
12:30: ESPAÑA - PORTUGAL, no Vakifköy Sport Facilites (Yildirim)
Sábado 24 de setembro
16:30: TURQUÍA - ESPAÑA, no Karacabey M. Fehmi Gerçeker Stadyumu (Karacabey)
Luns 26 de setembro
12:30: ESPAÑA - ROMANÍA, no Minareli Çavuş Stadium (Nilüfer)
Asi pois, David Mella será baixa segura para o partido do Fabril da 3ª xornada en Tercera RFEF en Abegondo ante o Arosa SC previsto para a próxima fin de semana.
O martes 27 o fabrilista regresará á Coruña despois dunha longa viaxe desde Istambul.
Elena Vázquez xogará o torneo clasificatorio para o Europeo
Elena Vázquez Brandón, futbolista do Orzán SD Xuvenil Feminino, que a pasada semana participou nuns adestramentos coa selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), entrou na convocatoria definitiva deste combinado nacional de cara ao torneo clasificatorio para o campionato de Europa da categoría.
A defensa orzanista, que aínda non cumpriu 15 anos, terá como rivais en Alacante a Polonia, Grecia e Bélxica.
O calendario de partidos de Elena Vázquez é o seguinte:
Xoves 22 de setembro
19:00: ESPAÑA - BÉLXICA, no Estadi Olimpic Camilo Cano (La Nucía)
Domingo 25 de setembro
18:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Polideportivo Municipal Pau Gasol (L'Alfàs del Pi)
Mércores 28 de setembro
12:00: GRECIA - ESPAÑA, no Estadi Olimpic Camilo Cano (La Nucía)