RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

David Mella, sen minutos na estrea da selección española sub-17 no Torneo do Algarve

A selección española sub-17 que dirixe Julen Guerrero, incluído David Mella, participa estes días nun torneo internacional que se xoga no Algarve (Portugal), até o martes 15 de febreiro.

O canteirán deportivista, con permiso da Federación Española, viaxou onte xoves á concentración do equipo nacional despois de disputar en ABANCA-RIAZOR co Xuvenil A a histórica eliminatoria da UEFA Youth League ante o FC Dynamo Kyiv.

Hoxe venres, os españois derrotaron (0-3) aos eslovacos no seu debut no torneo. Mella, apenas cun adestramento coa selección, loxicamente non tivo minutos de xogo nesta primeira cita.

O calendario de partidos do combinado nacional en Portugal é o seguinte:

Venres 11 de febreiro
ESLOVAQUIA 0 - ESPAÑA 3

Domingo 13 de febreiro
16:00: ESPAÑA - ALEMAÑA, no Estadio Municipal de Lagos

Martes 15 de febreiro
12:00: PORTUGAL - ESPAÑA, no Estadio Municipal Bela Vista

A próxima cita de España será o domingo 13 de febreiro ás 16:00 ante Alemaña, no Estadio Municipal de Lagos.

Por este motivo, Mella será baixa no partido que o Fabril disputa en Abegondo ante o Ourense CF ese mesmo domingo ás 16:30.

O futbolista branquiazul participou o pasado mes de xaneiro nunhas xornadas de adestramento da selección española sub-17 en Alfaz del Pi (Alacante). Naquela ocasión coincidiu cunha concentración da selección española sub-19 na que estaban tamén os deportivistas Noel, Trilli e Dani Barcia.