RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Definida a Liga Nacional para o Xuvenil B, que hoxe pasa exame médico no centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR

O Xuvenil B, que hoxe martes pasa recoñecemento médico no centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR e que se adestrará por primeira vez mañá mércores 27 de xullo a partir das 10:30 en Abegondo, xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Liga Nacional: ED Val Miñor, Pabellón Ourense CF, Pontevedra CF, RC Celta B, CD Lugo B, CD Conxo Santiago, CD Calasanz, CD Choco, Bergantiños CF, Alondras CF, Racing de Ferrol, Porriño Industrial, Ural Español CF B, ED Xuventude de Oroso, Atlético Coruña Montañeros CF, CVC Valladares e UD Ourense.

O formato de competición é de liga a dobre volta todos contra todos. Os dous primeiros clasificados ascenderán á División de Honra, aínda que loxicamente o Xuvenil B non poderá subir ao estar na categoría superior o A que dirixe Manuel Pablo. Baixarán á Liga Galega os dous últimos da clasificación.

A competición oficial ten previsto iniciarse o sábado 10 ou domingo 11 de setembro; e concluirá o 21 de maio de 2023.

Os futbolistas citados son os seguintes:

Porteiros
Anxo Regueiro Vázquez (Cadete A)
Yago Moreira Pazos (Cadete A)

Defensas
Hugo Torres Fernández
Javier Fernández Casanova
Adrián Vázquez Couceiro
Diego Miranda Brites
Hugo García Fernández
Carlos Costa Carabel (procedente do CF Dumbría) 
Samuel Fernández Leonardo (Cadete A)
Uxío Núñez Rey (Cadete A)
Lucas Taibo Domínguez (Cadete A)

Centrocampistas
Daniel Estévez Gómez
Manuel Ferreiro Naranjo
Zoe Ceias Rodríguez
Noé Carrillo Collazo
Samuel Vázquez Pan

Dianteiros
David Domínguez Martínez
Mesfin Gómez Pérez
Adrián González González (procedente do Villarreal CF)
Héctor Areosa Pan (procedente do ED Xuventude de Oroso)
José Rey Bienose (Cadete A)
Rubén Fernández Varela (Cadete A)

Corpo técnico
Adestrador: Miguel Figueira
Segundo adestrador: José Manuel Arrojo 'Noni'
Preparador físico: Antonio Ventura
Adestrador de porteiros: David Vidal
Médico: Alejandro Mejuto
Fisioterapeuta: Daniel Mourís
Readaptador: Alberto Rielo
Delegado: Raúl Navaza
Utileiro: Luis Ramiro Castro 'Cholo'