Dépor-Ponferradina en Vilalba, terceira cita da Dépor Xira Integralmotion
A terceira cita da Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data, lugar e rival. Será o mércores 3 de agosto a partir das 18:30 horas no campo municipal da Magdalena en Vilalba.
A SD Ponferradina e o Dépor enfrontaranse nun encontro tradicional nas últimas pretemporadas, tanto no campo lucense como no Toralín e ABANCA-RIAZOR e, tamén como nos últimos anos, coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.
Polo momento, os partidos confirmados da pretemporada do Dépor 2022-2023 son:
Atlético Arteixo-RC Deportivo, sábado 23 de xullo, 19:30 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)
Racing Villalbés-RC Deportivo, sábado 30 de xullo, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)
RC Deportivo-SD Ponferradina, mércores 3 de agosto, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)