RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 1 - Numancia 1<br>Empate en Riazor

O Deportivo e o Numacia empataron a un en Riazor. De novo o Deportivo conseguía adiantarse no marcador cun bonito gol de Pandiani no minuto 76, pero merino no 80 arpovechaba un rexeite na frontal e de forte disparo marcaba para o Numancia.

Tras unha primeira parte claramente marcada polo dominio do Deportivo, o encontro chegaba ao descanso sen que subise ningún tanto ao marcador de Riazor. A mellor ocasión teríaa diego Tristán que recibía un balón alto de costas, e tras o control virábase e disparaba duro á escuedra da portaría de Álvaro Núñez.

A segunda parte en Riazor comezaría con dous cambios por parte do Deportivo. Entraban no campo Víctor e Fran e retirábanse Diego Tristán e Munitis. Aos 15 minutos chegaba a xogada polémica, caída de Luque no bordo da área que en primeira instancia o colexiado sancionaba como penalti, pero posteriormente a instancias do árbitro asistente decretaba falta fose da área. Posteriormente o Deportivo quedaba con dez pola expulsión de César con dobre amarela. Irureta introducía o cambio de Pandiani por Valerón.

O Deportivo adiantábase no marcador no minuto 76, tras unha xogada en banda dereita, balón para Víctor de de cabeza mete para Pandiani e o Uruguaio tamén de cabeza cruza o balón por encima do porteiro.

O Numacia consiguía o empate por medio de Merino no 80 tras aproveitar de forte disparo un rexeite tras un despexe de puños de Molina na frontal da área.

Polo Deportivo titulares: Molina, Manuel Pablo, Romeu, Duscher, César, Sergio, Tristán, Munitis, Andrade, Luque e Valerón. Suplentes: Munúa, Panidiani, Fran, Sacloni, Capdevila, Víctor e Héctor.

Polo Numancia: Álvaro Núñez, Graff, Pignol, Ochoa, Antonio, Pablo Sanz, Tevenet, Polbo González, Junlu, Pineda e Jamime Molina.