En 15 minutos o Real Racing Club deu a volta ao marcador en Riazor. Gañaba o Deportivo tras adiantarse cun gol de Luque no primeiro tempo, pero na continuación os cántabros, buscando porta constantemente, marcaron en catro ocasiones. Benayoun, con tres t
Albert Luque adiantaba aos 25 minutos ao Deportivo en Riazor tras unha boa xogada de Munitis. Ata ese momento os de Irureta controlaron o encontro, con ocasións de perigo sobre a portaría de Aouate. Despois o Racing veu arriba e no segundo tempo Benayoun remataba un rexeite a gol e batía a Munúa despois de varias oportunidades dos cántabros. Seis minutos máis tarde, Benayoun de novo anotaba o segundo da tarde e no 70 Javi Guerreiro marcaba o terceiro dos verdibrancos. No minuto 83 outra vez Benayoun anotaba o cuarto e definitivo gol cántabro.