RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 3- Valencia 0<br>O Deportivo encamiña con acerto a Supercopa

Un Deportivo desbordante gañou por tres goles a cero á Valencia no encontro de ida da Supercopa. Riazor viviu unha gran noite de fútbol con moito ambiente nas bancadas e os xogadores deportivistas deleitaron aos espectadores con fútbol e goles. Valerón, V

Os de Irureta saíron con moitas ganas ao céspede e pronto se adiantaron no marcador. Así, no minuto 13, Valerón adiantaba ao Deportivo cun gol que levantou á bancada. Pero antes xa se achegaron con perigo os deportivistas e Sergio e Makaay tiveron senllas oportunidades. Víctor, no 21, rematou a gol un gran balón de Makaay que rexeitou inicialmente Cañizares. E xa por último, á media hora de xogo, Naybet a pase de Makaay bate a Cañizares e marca o terceiro gol deportivista.

Os branquiazuis foron claramente superiores no partido á Valencia e a afección gozou en Riazor. No segundo tempo, a Valencia tentou achegarse a Molina pero un Deportivo ben plantado no terreo de xogo non lle deixou facer. Neste tramo final os deportivistas xa non desbodaron con tanta claridade pero aínda así no desconto Víctor tivo outra clara ocasión e Cañizares tivo que estirarse para evitar un posible cuarto gol. Ao final, tres a cero e unha eliminatoria ben encarrilada para os coruñeses que o vindeiro domingo disputarán en Mestalla o encontro de volta.

As formacións iniciais de ambos os conxuntos foron: Molina, Romeu, Naybet, César, Mauro, Makaay, Fran, Scaloni, Sergio, Víctor e Valerón, polo Deportivo. No segundo tempo entraron Duscher, Djalminha e Andrade por Fran, Valerón e César, respectivamente.
Cañizares, Pellegrino, Ayala, Angulo, Marchena, Vicente, Carboni, Rufete, Aimar, Dos Santos e Curro Torres pola Valencia.
Árbitro: Mejuto González.