RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 4 - Espanyol 1<br>A Deportivo gana e convence en Riazor

O Deportivo impúxose por catro goles a un en Riazor ante o Espanyol nun partido moi disputado no que os branquiazuis souberon estar sempre por encima dos seus rivais.Adiantábase Andrade no 10, pero Fredson empataba no 17. Posteriormente sería Tristán o qu

Disputadísima primeira parte en Riazor. O Deportivo adiantaríase no minuto 9 con gol de Andrade tras un jugadón o Pablo Amo, pero o Espanyol empataría con gol de Fredson aos poucos minutos. Con todo o Deportivo no 22 conseguía de novo adiantarse no marcador cun gol de Tristán.

O Deportivo adiantábase no marcador no minuto 9 cun gol de Andrade que aproveitou un rexeite tras unha xogada de Pablo Amo na área que recortou de tacón ao seu marcador e disparou a porta golpeando o balón en Diego Tristán.

No minuto 14 Fran tivo que abandonar o terreo de xogo con algún problema físico tras unha entrada dun rival. Valerón entrou no campo no seu lugar.

Minuto 17, falta sacada por Iván da Pena en banda esquerda que Fredson remata ao fondo da portaría de Molina.

No minuto 22 chegaría a xogada do segundo gol do Deportivo. Valerón mete un balón en profundidade que aproveita Diego Tristán para, en carreira e cun remata espectacular, cruzar o esférico ante a saída de Kameni.

O partido chegou ao descanso co xogo claramente dominado polo Deportivo que dispuxo das mellores ocasións , aínda que o Espanyol á contra mostrou certo perigo.

Na segunda parte, minuto 61 falta de Pochetino a Diego Tristán na interior da área. Penalti que sanciona Mejuto González e vermella directa para Pochetino. Tristán lanzaba a pena máxima e subía o terceiro ao marcador.

No 80 chegaría o cuarto. Saque de falta que realiza Munitis, que previamente entrara en substitución de Luque, e remate de cabeza de Valerón ao fondo da meta.

Polo Deportivo: Molina, Manuel Pablo, Romeu, Duscher, Sergio, Tristán, Fran, Scaloni, Andrade, Luque e Pablo Amo. Suplentes: Munúa, Pandiani, Munitis, Capdevila, Valerón, Héctor, Pita.

Polo Espanyol: Kameni, Ibarra, David García, Lopo, Soldevilla, Pochetino, Iván da Pena, Maxi, Fredson, Tamudo, Amavisca. Suplentes: Lemmens, Morais, Posse, Dani, Corominas, Jarque e Óscar Serrano.