RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo e Atlético de Madrid xogarán mañá a final do Teresa Herrera

A Atlético de Madrid superó esta noite na segunda semifinal ao Sporting de Gijón na quenda de penaltis ,foron necesarios lanzar 18 penas máximas, e disputará mañana ás 21.00 horas ao Deportivo a 63 edición

Esta segunda semifinal do decano dos torneos estivais foi igualada e entretida para o espectador, cos dous equipos abertos en busca do gol. Houbo emoción, ocasións claras e seis goles, tres para cada equipo.

Adiantouse o Atlético de Madrid no minuto 10 de partido grazas a un espectacular remate de Maniche. Empatou tres minutos máis tarde Gerard, que aproveitou unha indecisión da defensa branquivermella. Cando todo parecía que ía quedar en empate ao descanso, Luís García rematou de cabeza de maneira inapelable un espectacular centro desde a banda esquerda de Forlán.

No segundo tempo cambiou a decoración do partido. O Sporting lanzouse a por o empate e gozou das mellores ocasións. O Atlético, visiblemente canso, apenas inquietou a meta de Cuéllar, un mero espectador máis durante moitos minutos. Tras varias e claras tentativas xixonesas de lograr a igualada, Diego Costas, no entanto, puido ampliar a vantaxe do seu equipo ao quedar só ante Cuéllar tras coller as costas á defensa asturiana. O defensor Gerard salva in extremis o chute do dianteiro branquivermello.

Foi precisamente Diego Costas o que logrou o 3-1 na recta final do segundo tempo. Este gol parecía deixar sentenciado o partido ao rematar a pracer pero en posición dubidosa unha combinación de Diego Forlán e Luís García. Con todo, o Sporting, superior aos madrileños durante moitos minutos, non se rendeu. Canella, dous minutos despois, realiza unha gran xogada polo carril zurdo e deixa o balón en bandexa a Barral para que este, completamente só na área pequena, fusile a Coupet.

Seguiu apertando o Sporting e co paso dos minutos o empate parecía posible. A tres minutos para o asubío final, Camacho comete un penalti claro sobre Barral que o propio dianteiro sportinguista transforma e sobe ao marcador electrónico de Riazor a merecida igualada (3-3).

Atlético de Madrid: Coupet, Pernía, Domínguez, C. Santana, Forlán, Luís García, Maniche, Das Cuevas, Pablo Ibáñez, Valera e Camacho. Tamén xogaron: Diego Costas e Cedric.

Sporting de Xixón: Cuéllar, Neru, Pedro, Míchel, Bilic, Canella, Gerard, D. Castro, Cámara, Kike Mateo e Matabuena. Tamén xogaron: Maldonado, Iván Hernández e Barral.

Árbitro: Ignacio Igrexas Villanueva, do Colexio Galego.

Goles: 1-0, m. 10: Maniche; 1-1, m. 13: Gerard; 2-1, m. 31: Luís García; 3-1, m. 75: Diego Costas; 3-2, m. 78: Barral; 3-3, m. 87: Barral, de penalti.

Quenda de penaltis, polo Sporting marcaron na primeira quenda de cinco penas máximas: Diego Castro, Maldonado e Barral. Fallaron Bilic e Matabuena. No Atlético de Madrid anotaron: Forlán, Maniche e Santana. Fallaron: Pernía e Diego Costas.

Na seguinte quenda, ao fallo, marcaron polo Sporting de Xixón: Míchel, Matabuena, Canella e fallou Cámara. Polo Atlético de Madrid anotaron Camacho, Valera, Pablo Ibáñez e Domínguez.