RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sergio Escudero cualifica esta temporada concluída como "de transición para seguir formando un proxecto no que se está traballando moi ben"

O lateral deportivista cre que o ano foi "bastante bo. Recentemente ascendido viuse un equipo sólido, que compite cada partido. Todo leva un proceso. Todos queremos chegar máis arriba sempre pero é un ano de transición para seguir formando un proxecto no que se está traballando moi ben".

Recalca que a Cidade Deportiva "cando cheguei era totalmente diferente a como está agora. O proceso foi moi rápido, unha mellora grandísima tanto estética, que se ve que está a quedar preciosa, como tamén para o día a día. Foise mellorando todo moitísimo. Seguro que vai seguir crecendo e vai ser unha das mellores cidades deportivas de España". 

A nivel persoal, admitiu que a súa primeira temporada no Deportivo "foi bastante dura. Na pretemporada tiven esa lesión no cóbado e foi duro porque vin con moitísima ilusión de axudar aos meus compañeiros, ao Deportivo a xogar en Segunda División, a competir en Segunda División. Aí frustrouse esa ilusión polas ganas que tiña e a ilusión".

Confesa que "tomei a decisión de operarme porque non podía seguir competindo así. Resultábame moi difícil ir ás disputas... Tomei unha boa decisión. Agora podo empezar a competir".

Escudero pide "seguir confiando no proxecto, seguir mellorando as pequenas cousas que se poden mellorar para ir agrandando o equipo. O ano que vén hai que seguir competindo do mesmo xeito que leste".

Finalmente queda nesta primeira temporada con "#ANOSAFORZA, ABANCA-RIAZOR, o respecto que hai dentro do estadio. Dá igual o que pase no partido. A xente segue animando até o final. Iso ao xogador faiche seguir crecendo, dar ese chisco de esforzo máis, de traballo máis..."