RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas Noubi: "Gústame moito o estadio, a cidade, ANOSAFORZA. Por iso elixín o Dépor"

Confirmado a súa fichaxe polo RC Deportivo até 2029, Lucas Noubi subliñou sentirse "moi contento co proxecto. Gústame moito o estadio, a cidade, #ANOSAFORZA. Por iso elixín o Dépor".

Recalca que Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado; e Fernando Soriano, Director de Fútbol "influíron na miña decisión porque me mandaron moitas mensaxes para que estivese aquí e fixéronme sentir cómodo para vir aquí".

O defensa belga apunta que o obxectivo do Dépor é "o ascenso e o meu obxectivo é o ascenso". "É un club ambicioso e eu son ambicioso", engade.

Lucas Noubi desvela estar anteriormente até en 3 ocasións na Coruña polo Dépor "e gústame moito. Estou a desexar visitar máis a cidade".

Lembra que tivo a oportunidade de vivir o ambiente do estadio "e teño moitas ganas de xogar en ABANCA-RIAZOR".

Opina que a Cidade Deportiva é "moi moderna. Vexo que realmente podo traballar aquí e progresar na miña carreira. Así que estou moi contento coas facilidades do Club".

Finalmente o novo central deportivista defínese como "un tipo serio que lle gusta traballar. Son traballador. Gústame traballar en equipo, son agresivo no campo e quero gañar partidos".