RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A escena o DéporCampus Cabreiroá en Zas, unha das sedes máis antigas

O DéporCampus Cabreiroá 2025 en Zas xa está en marcha.

A presentación desta sede, que alcanza a 9ª edición, realizouse na sede do concello da localidade coruñesa e asistiron Manuel Muiño, Alcalde de Zas; José Brenlla, Tenente de Alcalde; Alejandro Vidal, Responsable da Fundación RC Deportivo; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da fundación RC Deportivo.

A actividade, en colaboración co Concello de Zas e o CD Concello de Zas, será do luns 28 de xullo ao 1 de agosto; e o prazo de inscrición en deporcampus.rcdeportivo.es está aberto até o 22 de xullo ás 14:00 horas.

Un total de 500 nenos e nenas na segunda semana

Este próximo luns 30 de xuño un total de 500 nenos e nenas gozarán na segunda semana repartidos entre a segunda quenda de Abegondo e o primeiro de Caranza; ademais de Cee, Colexio Internacional de Eirís e Colexio Santa María del Mar.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

O martes 1 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición para as sedes de Marín, Ourense, Monforte e segunda quenda de Caranza; contando con que as sedes de Abegondo e Santa Comba están xa esgotadas.

Precisamente os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.