RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Desde o mércores e ata o sábado, os xogadores comerán xuntos na Praia Club

Desde mañá mércores e ata o sábado, día do partido de ida ante o cadro do Slovan croata, os xogadores do Deportivo comerán xuntos ao mediodía na Praia Club, ás 13:00 horas. Farano despois do adestramento matinal ás 9:30 horas e antes de tomarse a sesta

O sábado só acudirán á Praia Club os que non estarán ante o cadro de Croacia ás 21:00 horas en Riazor. Os citados por Joaquín Caparrós concentraranse no Hotel Hesperia Finisterre desde pola mañá e ata a hora de saír ao estadio para disputar o encontro.