Despedida da II Liga Galega de Fútbol 8 da FGDA para o Dépor Genuine
O Dépor Genuine disputou hoxe mércores 23 de novembro a terceira e última xornada da segunda edición da Liga Galega de Fútbol 8 organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), que se celebrou en Vigo.
A xornada estaba calendada orixinalmente para o pasado 9 de novembro, pero foi aprazada debido á alerta de temporal naquelas datas.
O equipo deportivista desprazouse cos seguintes 18 futbolistas: Andrés Barbeito, Nuria Barreiro, Antonio Cagiao, Gabriel Cives, Sergio Díaz, Carmen Durán, Senén Fernández, Álvaro García, Roi González, Saúl Jiménez, Álvaro López, Samuel Martínez, Javier Martínez, Alejandro Pereira, Alberto Piñeiro, Álex Rey, Daniel Trasancos e Álvaro Vidal.
A cidade deportiva da Madroa acolleu os encontros, de dous tempos de 12 minutos cada un.
Na categoría Competición, o Dépor Genuine obtivo os seguintes resultados:
FUNDACIÓN CELTA INTEGRA A 0 - DÉPOR GENUINE 2 FUNDACIÓN CELTA INTEGRA B 5 - DÉPOR GENUINE 0
O equipo branquiazul concluíu o torneo na terceira praza.
Na categoría Adaptada, estes foron os resultados do Dépor Genuine:
JUAN MARÍA 4 - DÉPOR GENUINE 2 Partido polo quinto posto: DÉPOR GENUINE 5 - SALADINO 2