RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

Diego Penas, sucesor este ano do seu compañeiro Rochela e os xuvenil Marcos na Selección

As categorías inferiores do Deportivo empezan a dar os seus froitos. Así, Diego Penas, porteiro do Dépor A de a División de Honra cadete, participará nos adestramentos da Selección Española Sub-16 en Las Rozas (Madrid) do 7 ao 9 deste mes. Non

Xa máis recentemente, Rochela, central e compañeiro de Diego Penas no Dépor A cadete de División de Honra, tamén foi convocado para uns adestramentos en Las Rozas co combinado nacional sub-16.

Ademais, os equipos deportivistas son líderes indiscutibles dos seus grupos na División de Honra e a liga Galega cadete; ademais da liga Galega e a liga Local infantil. Tamén na liga Local alevín o dominio deportivista é notorio sobre o resto dos seus rivais.

O bo traballo das categorías inferiores do club, dinamizado polas instalacións de 'O Mundo do Fútbol' recupercute tamén no primeiro equipo. Javier Irureta leva toda a tempada con canteiráns do Dépor B de Terceira División traballando asiduamente no primeiro equipo, caso de Carlos Pita, Antonio, Dani Cancela, Ramón, Pablo Fernández, Jonathan, Iván Carril...