RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Dispoñibles os cartóns de acceso e votación da Xunta de Accionistas da próxima semana

Desde o venres 6 de xullo, todos os accionistas que queiran acudir á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña SAD que se celebrará en Palexco os próximos días 11 e 12 de xullo de 2018 (en primeira e segunda convocatoria, respectivamente) poden retirar os seus cartóns de acceso e votación para poder participar na mesma.

Os cartóns estarán dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista (OP Correos A Coruña: c/ Alcalde Manuel Casás s/n) o venres, luns, martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O sábado 7 de xullo de 10:00 a 13:00 horas. O mércores 11 de 18:00 a 19:00 e o xoves día 12 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, os accionistas que desexen acudir tamén poderán retiralas se o desexan xa en Palexco, lugar no que está convocada a Xunta.

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar sen presentarse nas oficinas do Club, poden enviar por correo o documento coa Orde do Día e a Delegación de Accións recibido no domicilio que consta na súa ficha de accicionista, debidamente cumprimentado, dentro do sobre de resposta prefranqueado que se inclúe xunto á documentación remitida.