RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dous grupos hoxe no adestramento dun Dépor con moita máis forza e enteireza

Mañá post-partido na Cidade Deportiva para un Dépor que deu "un paso adiante nestes partidos (como o de onte en ABANCA-RIAZOR ante a SD Tarazona) complicados, pechados, ante rivais que o poñen tan difícil e ser capaces de sacalos adiante", tal e como subliñou en rolda de prensa Imanol Idiakez.

O cadro deportivista realizou un adestramento co cadro dividido en dous grupos.

Os titulares onte tiveron tarefas de recuperación con ximnasio e fisioterapia após unha activación e rondos no céspede co resto do grupo.

Pablo Vázquez afirmou onte ante os medios de comunicación que "xa falaramos no seu momento que se conseguiamos saír da situación na que estabamos sairiamos con moita máis forza e enteireza. Sufrir tanto nos fixo que agora valoremos todo un pouquiño máis. Agora mesmo o equipo está moi conectado e damos a sensación de que non nos vimos nunca abaixo, que quizais na primeira volta pecabamos algunhas veces de decaer un pouquiño".

Para os demais, incluídos os canteiráns Rubén e Martín Ochoa, a xornada foi de alta intensidade, cun xogo de posición, finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Está con traballo personalizado Pablo Martínez, á espera de avaliación médica do seu xeonllo.

Mañá martes haberá xornada de descanso e o mércores 21, Os Nosos comezarán a preparar a seguinte cita ligueira, o domingo 25 ás 20:00 horas (FEF TV) en Tajonar ante o Osasuna B.

Raúl Alcaina cre que "hai que centrarnos no próximo partido, tentar dar o mellor de nós. Se damos o mellor, o máis seguro é que nos levemos os 3 puntos".

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK