RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dúas vitorias nos dous primeiros partidos dos torneos amigables de #ANOSACANTEIRA

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable desde hoxe venres: Infantil, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Esta semana, as competicións serán en Miranda de Ebro (Burgos), Santa Marta de Tormes (Salamanca), Ourense, Narón e Porriño.

Hoxe venres houbo 2 partidos e 2 triunfos: o Infantil en Miranda (1-3 ao CD Charca) e o Alevín A en Salamanca (1-0 ao Parquesol).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría infantil
XVIII Torneo Cidade de Miranda nos campos de Ence (Miranda de Ebro)
Primeira Fase
Venres 14 de setembro
CD A CHARCA 1 - DÉPOR 3 (Ayana, Pablo e Héctor)

Sábado 15 de setembro
10:40: DÉPOR - GETAFE CF
12:40: FC BARCELONA - DÉPOR
17:10: SD EIBAR - DÉPOR

Os dous primeiros pasan a semifinais e o terceiro pelexará polo 5º e 6º posto.

Categoría alevín
Copa Tormes en Santa Marta de Tormes (Salamanca)

Primeira Fase
Venres 14 de setembro
ALEVÍN A 1 (Raúl) - PARQUESOL 0

Sábado 15 de setembro
10:00: ALEVÍN A - ATLÉTICO DE MADRID
11:20: ALEVÍN A - UD SANTA MARTA B

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:30 horas.

III Torneo Internacional Mercedes Benz Garza, nas instalacións de Be One Ourense

Primeira Fase
Sábado 15 de setembro
10:00: ALEVÍN B - ATLÉTICO DE MADRID (campo 2)
12:20: ALEVÍN B - SANTA TERESITA (campo 2)
16:05: ALEVÍN B - VITÓRIA GUIMARÃES (campo 1)
17:15: ALEVÍN B - PORTO (campo 1)
18:35: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 1)
19:20: FC BARCELONA - ALEVÍN B (campo 1)

O catro primeiros xogarán polo título, o domingo 16 desde as 10:35; mentres que o catro últimos disputarán unha Fase de Consolación, tamén o domingo 16 a partir das 10:00.

Categoría benxamín
V Torneo Narón O Freixo no campo de Río Seco (Narón)

Sábado 15 de setembro
Primeira Fase
9:55: BENXAMÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS (campo 1)
11:35: BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO (campo 1)
13:15: BENXAMÍN A - CD AS PONTES (campo 1)

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:05. Os outros dous xogarán polo posto 13º ao 16º, a partir das 15:00 horas.

Torneo do CD Atios en O Carballo (Porriño)

Sábado 15 de setembro
Primeira Fase
11:30: BENXAMÍN B - SD ATIOS B (campo 1)
13:30: INDEPENDENTE - BENXAMÍN B (campo 1)
17:30: BENXAMÍN B - EF FINTAS (campo 1)

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final, que arrincan ás 18:00 horas.