RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADEMay 22, 2018

Dumbría súmase aos DéporCampus Cabreiroá 2018 cunha quenda entre o 16 e o 20 de xullo

O DéporCampus Cabreiroá de Dumbría ve a luz como unha das novidades do verán de 2018 mercé á colaboración entre o RC Deportivo, o CF Dumbría e este concello da Costa da Morte.

Dumbría súmase á nómina dos DéporCampus Cabreiroá 2018 cunha quenda do 16 ao 20 de xullo. Ao acto de presentación, nas instalacións do Conco, acudiron Pablo Barros (director dos DéporCampus), César Ferrío (presidente do CF Dumbría), Óscar Leis (coordinador de base do CF Dumbría), Nando (adestrador do CF Dumbría), Manuel López (secretario do CF Dumbría) e Raúl González Lado (concelleiro de deportes de Dumbría).

O Campo de Fútbol do Conco será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 12 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl