RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elena Vázquez seguiu desde o banco a goleada de España a Bielorrusia na 1ª xornada da Fase definitiva de clasificación

A canteirá deportivista Elena Vázquez disputa en Serbia coa selección española sub-17 a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia son os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Hoxe domingo, ante Bielorrusia na 1ª xornada, Elena Vázquez seguiu desde o banco un choque que acabou en goleada española: 6-0.

A próxima cita de Elena Vázquez e as súas compañeiras será o mércores 15 de marzo ás 14:00 no mesmo escenario, o Sports Center da FA Serbia, ante as anfitrioas do torneo.

O calendario da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 12 de marzo
ESPAÑA 6 - BIELORRUSIA 0

Mércores 15 de marzo
14:00: SERBIA - ESPAÑA

Sábado 18 de marzo
14:00: ESPAÑA - DINAMARCA

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse unha praza de titular no Dépor ABANCA B, líder da Primeira Nacional, e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA.