RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Empate do Deportivo en Berlín

O Deportivo empató este mediodía ante o Union Berlin (3-3) no partido que pecha a primeira concentración desta pretemporada. Michel, Riki e Desmarets lograron os goles branquiazuis.

O partido foi de dominio do Depor ante un equipo que é o segundo Club en importancia de Berlin pero que milita en Segunda División alemá. O Union Berlin deixo o campo ao Deportivo e creo perigo ao contragolpe, sobre todo na segunda metade.

Union Berlin: Glinker, Quiring, Madouni, Kohlmann, Younga Mouhani, Gohlert, Menz, Mattuschka, Polenz, Benyamina e Brunnemann. Tamén xogaron desde o principio da segunda metade: Kolk e Savran; e Raw (m. 74).

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Stopira, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Saul, Urreta, Michel e Riki. Tamén xogaron desde o principio da segunda parte: Rochela, Laure, Aythami, Raul, Desmarets, Valerón; e Lassad (m. 56)

Árbitro: Bastian Dankert. Amoestou a Younga Mouhani, do Union Berlin.

Goles: 0-1, m. 36: Michel; 0-2: m. 39: Riki; 0-3, m. 50: Desmarets; 1-3, m. 68: Brunnemann; 2-3, m. 84: Mattuschka; 3-3, m. 90: Kolk.

Incidencias: Estadio An Der Alten Forsterei de Berlin. Un once mil afeccionados moi ruidosos nas bancadas do coqueto recinto alemán.