RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro exame de pretemporada para Os Nosos, este mércores ante a SD Compostela no Estadio Vero Boquete

Pistoletazo de saída á pretemporada do Dépor posto que Os Nosos visitarán á SD Compostela de Tercera Federación no primeiro amigable.

O encontro xogarase no Estadio Vero Boquete de Santiago mañá mércores 23 de xullo ás 20:30 e terá carácter benéfico, posto que toda a recadación irá destinada á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia.

As entradas, a 15 euros (5 euros menores de idade), están á venda online picando esta ligazón.

Este Compos - Dépor tamén se poderá seguir en directo na canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Haberá bo ambiente, posto que a SD Compostela confirmou nas súas redes sociais que xa están cheas as bancadas de Preferencia e Tribuna; co que o Club santiagués viuse obrigado a habilitar a bancada de Fondo Norte.

Antonio Hidalgo dirixiu esta mañá a última sesión de traballo antes do partido, consistente nunha activación con rondos, un traballo táctico no campo 2, fútbol en espazo reducido e un ensaio de accións a balón parado.

A boa noticia protagonizouna Arnau Comas, que completou todo o adestramento co grupo por primeira vez.

Estivo con traballo personalizado Ximo Navarro; mentres que Jose Ángel fai tarefas co grupo e outras co readaptador.

Finalizado o choque en Santiago, Os Nosos adestraranse de novo o xoves 24 de xullo ás 10:30 en Abegondo.