RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Empeza o ano na Praia Club

O complexo hostaleiro da Praia Club, adquirido hai uns meses polo Real Club Deportivo da Coruña, vai celebrar a entrada no 2.000 ao grande. Para iso na noite de fin de ano no Restaurante celebrarase unha Cea de despedida de 1.999 a partir das 21:30 na qu

Pero despois das uvas será cando máis animadas estean as instalacións ao bordo a a praia de Riazor. Na Terraza haberá unha festa con barra libre por 6.500 pesetas que inclúe unha copa na discoteca Dinofox a partir das 6'30 da mañá ou, se se prefire, unha consumición na Praia na noite de Reyes.

Na Cafetaría Praia Club haberá outra festa diferente en colaboración coa Fonte e o Rialto. Por 5.000 pesetas hai barra libre, cotillón e inclúese en almorzo.

A Discoteca celebrará o 2.000 a partir das 3:00 custando a entrada 2.500 pesetas, na que se inclúen dúas consumicións.

A entrada a todas as festas está limitada.

Concertos

Na primeira semana do mes de xaneiro do 2.000 celebraranse dous concertos na Praia Club. O primeiro deles o martes día 4, ás 22:30, o de Macaco. O prezo das entradas en despacho de billetes será de 1.300 e a venda anticipada é a 1.000 pesetas e poden ser adquiridas en discos Noni's.

O venres día 7, ás 23:30, actuarán Violadores do Verso e o prezo único das entradas con dereito a consumición é de 1.800 pesetas. Pódense recoller en Noni's, Portobello e na propio Praia Club.