RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Entrevista a Djalminha en World Soccer Digest

Djalminha, o xenio criado nas callesEl orixe do seu estilo de xogo vén das callejuelas da súa terra natal, Sao Paulo. Por certo que aí non existían instrutores, e non daban moita importancia ao concepto de "fundamentos técnicos". O único que facía falta

Agora atópase en España. Xa desenvolvido como xogador profesional, non perdeu o seu estilo de "fútbol espectáculo" que adquirira na súa mocidade. E é máis, non deixa de fascinar ao público, deixándolles pampos, coas súas xogadas máxicas.

Djalminha, o "Mago do Deportivo da Coruña"... Estableceuse como o "crack" do equipo, e, na pasada tempada, a súa contribución foi clave para o logro do primeiro título de liga na historia do club. Aos poucos vaise facendo todo un símbolo do Deportivo, como o fixo na súa época o mítico Maradona en Nápoles.

Se hai que sinalar un punto débil do xogador, sería o seu carácter algo fogoso. Pero, aínda que durante os partidos se meta en leas con árbitros e rivais, nunca perde a simpatía da afección. O público sempre acode a Riazor con moita expectativa, e ganas de ver as súas máxicas xogadas.

Djalminha fixo o seu debut no máximo nivel de Brasil nun club de renome, o Flamengo (en 1990), onde lle chamaban o "herdeiro do mítico Zico", e onde xa se deixaba albiscar o seu xenio. Tras pasar por tres clubs diferentes (entre eles o Shimizu S-Pulse no 94), en 1996 fichou polo Palmeiras, equipo de carácter ofensivo que el, como xogador clave, conduciu ao título Paulista o mesmo ano, a época dourada do club.

Logo ficho polo Deportivo, e xa non é necesario explicar o seu éxito. Entrou no Deportivo no lugar de Rivaldo (logo fichado polo Barcelona), xogador que deixou a súa marca de calidade na historia do club, pero sen chegar a intimidarse por este reto, Djalminha demostrou toda a súa calidade e carácter para facerse co posto de titular.

Por tanto, seguindo o seu historial, podemos dicir que, a nivel de clubs, Djalminha esta percorrendo con paso firme o camiño da gloria, acumulando experiencia e resultados. Pero a cousa non é o mesmo coa selección brasileira. Por certo que na época de Wanderley Luxemburgo, Djalminha entraba nos plans do seleccionador. Con todo, nas poucas oportunidades que tivo, non puido aproveitar para demostrar a súa calidade de traballo, como a que demostra nos clubs.

Non se pode negar que Luxemburgo, moi fiel á disciplina, afastábase do tipo de persoa como Djalminha, con carácter algo individualista (quizá ata un pouco "egocéntrico"). Aínda así tivo moi poucas oportunidades. A súa existencia quedara marxinado da "seleçao", sen ter a ocasión de exhibir as súas xogadas máxicas que realiza coma se estivese a burlar do rival.

Con todo, na presente "seleçao", na que critican o atasco no ataque, é imprescindible un "crack" como é Djalminha. O pobo brasileiro, que ama o fútbol artístico, esta desexando o seu retorno ao a "seleçao". Ademais, parece que o adestrador, Emerson Leao, por fin deuse conta da importancia deste xogador. Probablemente será só cuestión de tempo ata que o vexamos facer a súa maxia na "seleçao".
Djalminha, o xenio criado nas rúas. Agora, presentaremos o fútbol que el fantasea...

WORLD SOCCER DIGEST (WSD): "Establecíchesche practicamente como o cerebro, ou o 'mago', do Deportivo... Anteriormente tamén sempre tiveches o mesmo estilo de xogo?"

DJALMINHA (DJ): "Si. Nunca pensei en cambiar o meu estilo de xogo. Gústame este estilo, e creo que é o estilo en que mellor podo aproveitar as miñas habilidades. Iso non significa que xogo ao meu aire sen pensar no equipo. Pero para que o equipo consiga a vitoria, esta é a mellor maneira."

WSD: "Entre os afeccionados, hai algúns que estean máis obsesionados co teu xogo que coa vitoria do equipo?"

DJ: "Non existen afeccionados así. A vitoria do equipo sempre é o máis importante. Se hai alguén que pense que iso é secundario, el non se pode chamar como seguidor do club. Ademais, creo que é posible ter un equilibrio entre a vitoria e o espectáculo. Se podemos realizar un bo partido, e ademais, conseguir a vitoria, ninguén se pode queixar."

WSD: "Entón, iso é o que consideras o xogo ideal?"

DJ: "Si. Pódoche dar un exemplo? Viches algún partido da NBA? Pois hai un xogador que eu considero o xogador ideal, chámase Jason Williams dos Sacramento Kings. As súas xogadas son simplemente alucinantes. É obvio que ten moito talento, pero non só iso, non deixa de entreter ao publico. Non hai ninguén que teña a súa capacidade para facer vibrar aos espectadores, cos seus trucos e xogadas de picardía. É dicir, é importante que un xogador sexa consciente da súa función no equipo e que realice o seu traballo de acordo con esa función, pero tamén é necesario facer vibrar á afección, tentando xogadas máis espectaculares. Suponse que somos profesionais, por tanto, se non podemos satisfacer ao publico non estariamos a facer o noso traballo."

WSD: "Interesante... Entón, como perfeccionaches as túas xogadas para facer ao publico vibrar?"

DJ: "É unha pregunta bastante complicada. Para explicarche iso tería que volver á miña época da miña infancia."

WSD: "Por exemplo? Recibiches algunha instrución especial?

DJ: "Non, ao contrario. O fútbol na época da miña infancia, xogábase nas callejuelas, a xente que se xuntaba era de todas idades e todos niveis futbolísticos, e ás veces nin sequera existían regras. Nestas circunstancias, para gozar do partido, era necesario establecer o meu propio xogo. Por exemplo, a técnica para protexer o balón, a velocidade para regatear a un tipo cunha forma física superior, a axilidade, eran cousas que fun collendo naturalmente. Entón pódese dicir que as callejuelas de Sao Paulo eran a miña escola de fútbol. E abrigo, o máis importante nas rúas era a creatividade e a pillería. Por iso atreveríame a dicir que o meu estilo de xogo naceu alí."

WSD: "Poderías comentarnos algo sobre a consecución da liga do ano pasado?"

DJ: "O Deportivo aínda é un club en desenvolvemento, e creo que ninguén espera que un equipo así gañase a liga. En realidade, o lóxico era que gañase o Barça ou o Madrid... Con todo, nós conseguimos alcanzar a gloria por méritos propios. Foi unha tempada magnifica."

WSD: "Na tempada 93-94, co teu compatriota, Bebeto, o Deportivo estaba a loitar polo título ata a última xornada. Tedes algúns puntos en común entre os dous?

DJ: "Sempre cando se fala do pasado do club, fálase de Bebeto. Esta claro que el foi unha gran figura do club, pero non ten moito sentido compararme con Bebeto. O único que temos en común é que os dous nacemos en Brasil."

WSD: "Entón, pensas fichar por un club grande, tal como fixo Rivaldo co Barça?

DJ: "Aínda teño contrato co Deportivo (ata o 2002). Se nestes momentos falo de "fichaxes", non lles sentará ben aos directivos, e non teño intencións de discutir con ninguén. De todos os xeitos non me atraen tanto os clubs grandes como o Barça ou o Madrid; sería máis realista se dixese que habería máis posibilidades de volver xogar no meu país. É certo que Rivaldo foise ao Barça nun momento oportuno para el como xogador, xa que lle deu a oportunidade de xogar nun club así cando se atopaba no seu mellor momento como futbolista. Pero eu teño os meus propios obxectivos, e de momento non teño razón para deixar o Deportivo."

WSD: "Onde crees que esta o atractivo do Deportivo?

DJ: "Esta claro que non temos moito en comparación cos clubs como o Barça e o Madrid, pero na miña opinión, iso é xusto o que nos fai máis atractivo. Para os xogadores, que disputan un calendario moi axustado e mentalmente esgotador, é necesario ter un ambiente no que poidan estar tranquilos. Neste club existe un ambiente "caseiro", e son todos os empregados e directivos que fan este ambiente posible. Por tanto, este club non se pode valorar por termos financeiros."

WSD: "Cal foi o equipo máis forte en que xogaches?"

DJ: "Sinceramente, creo que foi no Palmeiras do ano 96 onde máis puiden gozar do fútbol. Ese equipo tiña unha filosofía completamente ofensiva, e puña todo o seu esforzo na consecución de goles. Cando conseguiamos unha vitoria avultada, era realmente algo impresionante. Non se se era o equipo máis forte en que estiven, pero, si, a súa capacidade ofensiva era algo doutro mundo."

WSD: "Falemos da selección brasileira. A 'seleçao' actual parece ter varios problemas. Sobre todo, a baixa capacidade ofensiva é algo bastante serio. Non crees que agora é o momento en que máis necesitarían a túa capacidade ofensiva?

DJ: "Eu sempre penso na 'seleçao', e teño confianza de que se fose convocado, podería contribuír moito ao ataque. Pero agora decidín non actuar na mesma maneira que antes, facéndome moitas ilusións antes de cada convocatoria. Ja podes imaxinar por que."

WSD: "Hai algo que queiras dicir á 'seleçao' actual?"

DJ: "Non, non teño ningunha intención de criticar á 'seleçao' só porque non me convocaron. E tampouco teño ningún consello para eles."

WSD: "Logo despois de sufrir a súa primeira derrota, na historia da 'seleçao', contra Ecuador (0-1 nun partido de clasificación para o Mundial 2002), o selecionador, Leao, e o Director Técnico, Lopes, viñeron visitar aos xogadores brasileiros que están a xogar nas ligas europeas. Crees que iso significa que chegou a túa oportunidade?"

DJ: "Todo depende do que eu mesmo demostre no terreo de xogo. Gustaríame crer que para cada posición selecciónase o mellor xogador. Por tanto, se eu sigo xogando a un nivel alto na miña posición actual, seguramente terei a miña oportunidade."

WSD: "Bo, unha última pregunta, crees que estas sendo menosprezado?"

DJ: "Eu estou contento con que o publico que me vexa xogar pense: 'que fútbol máis entretido'... Non hai maxia no fútbol. O que, si hai é o talento e a creatividade. O único que eu quero é usar todo iso para entreter á afección. Non me importa o que digan os medios de comunicación, nin os críticos. Digan o que digan, eu non teño a intención de cambiar os meus principios."