RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

España, con Nuria Rábano, xógase mañá ante Francia o pase á final do Mundial sub-20

- Foto: @SeFutbolFEm -

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20 na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.

Mañá luns 20 de agosto, España disputa unhas históricas semifinais ante Francia. Será ás 19:30 no estadio A Rabine (Vannes).

O pasado xoves 16 de agosto, o combinado nacional superou a Nixeria en cuartos de final (2-1). Nuria Rábano non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O combinado nacional meteuse en cuartos como primeiro do grupo C ao empatar (2-2) o luns 13 de agosto no terceiro partido con Estados Unidos, que por primeira vez na historia quedou fóra na primeira rolda dunha competición que gañaron en tres ocasións (2002, 2008 e 2012).

Após o descanso dese encontro, Pedro López, técnico español, fixo debutar á deportivista Nuria, que no minuto 59 saltou ao céspede en substitución de Lucía García.

Nos outros dous partidos da Primeira Fase, o combinado nacional venceu (1-0) a Xapón e goleou a Paraguai (1-4). En ambos os encontros, Nuria Rábano seguiu o choque desde o banco.

O calendario de España, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase (Grupo C)
Luns 6 de agosto
PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4

Xoves 9 de agosto
ESPAÑA 1 - XAPÓN 0

Luns 13 de agosto
ESPAÑA 2 - ESTADOS UNIDOS 2

Cuartos de final
Xoves 16 de agosto
ESPAÑA 2 - NIXERIA 1

Semifinais
Luns 20 de agosto
19:30: ESPAÑA - FRANCIA, no estadio A Rabine (Vannes)