RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Espectacular!<br>O Deportivo clasifícase para semifinais

Catro a cero. O Deportivo impúxose, por xogo, por goles e por garra ao Milán, campión de Europa, e está en semifinais de Liga de Campións. Goles de Pandiani, Valerón, Luque e Fran que manteñen ao Deportivo na máxima competición continental, o único equip

Festa en Riazor e festa na Coruña. Contra todo prognóstico, o Deportivo faise cun oco nas semifinais de UEFA Champions League por primeira vez na súa historia e tras eliminar, nin máis nin menos, ao vixente campión de Europa, o Milán. O 4 a 1 da ida parecía deixar sentenciada a eliminatoria, uns falaban de milagre, outros de imposible, pero o Deportivo volveu facer fácil o máis difícil e impúxose ao Milán con autoridade.

Ao cinco minutos de partido Riazor vibra. Walter Pandiani recibe na frontal da área, recorta e marca batendo por baixo a Dida. Riazor envórcase co seu equipo e soña con que a remontada é posible. Tres minutos máis tarde Víctor envía un balón á escuadra milanista pero non entra. Tras moitos intentos e varias ocasións claras de gol, Valerón, no 35, remata de cabeza un gran centro de Luque batendo a Dida e facendo vibrar o Estadio. Fran, aos 75, remata a xesta e marca o cuarto convertendo Riazor nunha auténtica festa.

Consumouse a remontada. Desde o primeiro minuto do partido o Deportivo deixou claras cales eran as súas intencións. Intensidade defensiva e rapidez de movementos sen dar opcións aos seus rivais. Nun deses partidos onde resulta moi difícil destacar a un só xogador; Valerón, Pandiani, Víctor ou Luque levaron a batuta dos de Irureta. O Depor pechou os ollos , soñou coa remontada, e fíxoo con tal forza que o soño se fixo realidade. A música da Champions volverá soar en Riazor para recibir ao Deportivo co O Porto o próximo maio, no partido de volta.