RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estado físico-médico a 20 de agosto de 2022

A un día de concluír a pretemporada en Ponte dos Brozos,  na quinta cita da Dépor Xira Integral Motion 2022, Borja Jiménez ten a un futbolista con traballo personalizado, Diego Villares.

Así mesmo, Ibai Gómez e Héctor atópanse na parte final da súa recuperación. O vasco realiza xa tarefas co grupo á espera da súa completa incorporación nos próximos días e o lateral deportivista suma xa un par de sesións co resto dos seus compañeiros.

Este é o estado físico-médico do cadro do RC Deportivo a sábado 20 de agosto de 2022: