RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Este domingo o Orzán SD Sub-15 conclúe a segunda fase da Meyrin Girls Cup en Ginebra e o Orzán SD Infantil B a Liga Galega en Buño

O partido de liga do Orzán SD Infantil B ante o UD Cerqueda, correspondente á 10ª e última xornada no grupo 2A de a Segunda Fase da Liga Galega, previsto para mañá domingo 8 de xuño ás 12:00 en Buño, pon o punto e final á temporada oficial de ANOSACANTEIRA feminina.

As orzanistas necesitan un empate ante o seu rival, 2º na táboa cun punto menos, para asegurar a primeira posición do grupo.

Ademais, un equipo sub-15 do Orzán SD participa en Ginebra (Suíza) na Meyrin Girls Cup 2025.

Após superar a primeira fase hoxe sábado, as orzanistas disputan mañá domingo ás 9:00 o último partido da segunda fase, co FC Plan-les-Ouates como rival.

As convocadas son: Elba Agrafojo, Ángela Gómez, Lola Freire, Telma García, Amaia Sanjurjo, Patricia Fernández (do EF Concello de Boiro), Lara Vázquez, Leire Vicente, Carmen Couto, Alba García, Marta Moreno, Carolina Lago, Sonia Barbeito (do EF Concello de Boiro) e Daniela Barbanzán (do AD Nicrariense).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría sub-15
Meyrin Girls Cup 2025 en Ginebra (Suíza)
Primera Fase
Sábado 7 de xuño
ORZÁN SD SUB-15 1 (Alba García) - LANCY FC 0
YVERDON SPORT FC 0 - ORZÁN SD SUB-15 6 (Marta Moreno -2-, Telma García, Carmen Couto, Alba García e Daniela Barbanzán)
ORZÁN SD SUB-15 5 (Alba García -2-, Lola Freire, Daniela Barbanzán e Marta Moreno) - AS LAUSANNE NORD ACADEMY 0

Segunda Fase
ORZÁN SD SUB-15 1 (Patricia Fernández) - MONTREUIL FC 0
FC SION 1 - ORZÁN SD SUB-15 0

Domingo 8 de xuño
9:00: ORZÁN SD SUB-15 - FC PLAN-les-OUATES '1930'

Liga Galega, segunda fase
Grupo 2A, 10ª xornada (última): UD CERQUEDA - ORZÁN SD INFANTIL B, mañá domingo 8 de xuño ás 12:00 no campo de Xaviña (Buño)