RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Este xoves finaliza o prazo de inscrición para a primeira quenda do Campus de Fútbol do Depor

Descárgache a Ficha de Inscrición para o Campus Este xoves ás 21.00 horas finaliza o prazo de inscrición para a primeira quenda do Campus de Fútbol do Deportivo, que comezará o vindeiro luns, 9 de xullo, e que se prolongará ata o venres 13 de xullo. P

Os interesados deben dirixirse á sede do Real Club Deportivo, sita na Praza de Pontevedra 19-1º (teléfono 981259500) ou ben á Cidade Deportiva O Mundo do Fútbol en Abegondo (teléfono 981647941). O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

A inscrición estará aberta a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos e o lugar de celebración será a Cidade Deportiva O Mundo do Fútbol, aínda que haberá sesión matinal na Praia de Bastiagueiro e nunha das tardes, só para os alumnos que se inscriban na quenda completa, está prevista unha excursión ao Aquapark de Cerceda. O profesorado está composto por técnicos das categorías inferiores do Real Club Deportivo.

Os prezos son os seguintes:

-Unicamente quenda de mañá, 10 a 14 horas: 75 euros para os abonados/accionistas ou fillos de abonados/accionistas e 85 para o público.

-Unicamente quenda de mañá máis transporte desde A Coruña: 120 euros os abonados/accionistas ou fillos de abonados/accionistas e 130 euros para o público.

-Día completo, de 10.00 a 21.00 horas, incluíndo comida e merenda: 160 euros para os abonados/accionistas ou fillos de abonados/accionistas e 175 euros para o público.

-Día completo, de 10.00 a 21.00 horas, incluíndo comida, merenda e transporte desde A Coruña: 205 euros para os abonados/accionistas ou fillos de abonados/accionistas e 220 euros para o público.

O Club estableceu, de acordo con Autocares Vázquez, as paradas para recoller aos alumnos do Campus da primeira quenda cada día. Así, a primeira parada será ás 8.45, e haberá este percorrido con dirección á Cidade Deportiva:

-1ª parada: Polígono de Adormideras (Fronte ao Centro de Saúde). A saída será ás 8.45 horas
-2ª parada: Avenida de Hércules nº 37
-3ª parada: Rúa San Andrés nº 56
-4ª parada: Rúa Juan Flórez nº 82
-5ª parada: Rolda de Nelle nº 41, na entrada do Parque de Santa Margarita
-6ª parada: Rolda de Nelle nº 130
-7ª parada: Os Rosales, diante do Centro de Saúde
-8ª parada: Rolda de Outeiro nº 249
-9ª parada: Mercado de Elviña, na parada de autobús
-10ª parada: Rúa Ramón e Cajal, diante do Centro Comercial Catro Camiños
-11ª parada: Avenida Alfonso Molina, na parada de autobús antes do desvío á Zapateira
-12ª parada: Costa da Tapia, ao pasar Tee Pizza.

O regreso será en dúas quendas, ao mediodía para os nenos que só están inscritos pola mañá, o autocar realizará este percorrido que sairá do Mundo do Fútbol ás 14.00 horas:

-1ª parada: Avenida Alfonso Molina, na parada de autobús fronte á Zapateira
-2ª parada: Rúa Ramón e Cajal, diante do Centro Comercial Catro Camiños
-3ª parada: Praza de Vigo
-4ª parada: Rolda de Nelle nº 130
-5ª parada: Rolda de Outeiro nº 249

O segundo regreso será cos nenos que estean apuntados todo o día ás 21.00 horas desde a Cidade Deportiva O Mundo do Fútbol, con estas paradas de retorno:

-1ª parada: Costa da Tapia (fronte a Tee Pizza)
-2ª parada: Avenida Alfonso Molina (na parada de autobús fronte a Zapateira)
-3ª parada: Mercado de Elviña
-4ª parada: Rolda de Nelle nº 41, na entrada do Parque de Santa Margarita
-5ª parada: Os Rosales, diante do Centro de Saúde
-6ª parada: Rúa San Andrés nº 119
-7ª parada: Polígono de Adormideras, diante do Centro de Saúde
-8ª parada: Rúa Santo Tomás nº 74