Exitosa defensa do liderado do Cadete no seu partido ante o Rápido de Bouzas
O Cadete defendeu con éxito ante un correúdo Rápido de Bouzas (6-2), en partido correspondente á 9ª xornada, o liderado en solitario na División de Honra.
Os branquiazuis tombaron en Abegondo aos vigueses con goles de Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz; co que suman 27 puntos á fronte da táboa por 25 do RC Celta, o seu inmediato perseguidor.
Cadete: Gabri, Guille, Xabi Campos, Xoel, Frank, Abel, Balbas, Mosquera, Miguel de Labra, Yago e Leandro. Tamén xogaron: Janusz, Íker Fernández, Diego e Carballeira.
O vindeiro sábado, o equipo de Daniel González visita ao Racing de Ferrol.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego) Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1 Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago) Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1 UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro) Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1 CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-) Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2