O ED Val Miñor Nigrán en Abegondo será o primeiro rival do Cadete na División de Honra
O ED Val Miñor Nigrán en Abegondo o sábado 7 ou o domingo 8 de setembro será o primeiro rival do Cadete na División de Honra, segundo o sorteo realizado na Federación Galega de Fútbol.
Os branquiazuis, vixentes campións, finalizan a liga tamén na Cidade Deportiva o 8 de xuño de 2025 ante a SD Compostela.
#ONOSODERBI ante o RC Celta, gran rival polo título, será o 9 de novembro en Vigo (9ª xornada) e o 13 de abril de 2025 en Abegondo (26ª xornada).
Ademais dos citados equipos, completan a División de Honra estes equipos: Coruxo FC, ED Xuventude de Oroso, CD Lugo, UD Ourense, Pabellón Ourense CF, Ural Español CF, San Tirso SD Cadete, CD Areosa, Arosa SC, Escola de Fútbol DSF, CD Conxo Santiago, Salgueiriños CF, Rápido de Bouzas e UD Santa Mariña.
O formato de competición é de liga a dobre volta todos contra todos.
O calendario do equipo deportivista é o seguinte:
Xornada 1 (08/09/2024) Xornada 18 (26/01/2025) Cadete ED Val Miñor Nigrán
Xornada 2 (15/09/2024) Xornada 19 (02/02/2025) UD Santa Mariña Cadete
Xornada 3 (22/09/2024) Xornada 20 (16/02/2025) Rápido de Bouzas Cadete