Falece na Coruña Roberto Veira, ex Conselleiro do Deportivo
Esta tarde falleció nun hospital da Coruña Roberto Veira Piñeiro, directivo do Real Club Deportivo desde 1988 con Augusto Cesar Lendoiro de Presidente. Posteriormente foi Conselleiro da entidade ata que deixo o seu cargo a consecuencia dunha
No 2003 RCD facíalle esta entrevista: ROBERTO VEIRA ENTREVISTA Ano 1988. Situación caótica, o Dépor morre . A Coruña e os socios buscan solucións. Ante a presión popular, nove homes deciden tomar as rendas do club e cambiar o irremediable. Son tachados de ilusos, tolos, etc. Un sector da prensa local se parte de risa... e comezan as apostas: ¿canto durarán? Hai imaxes, momentos, anécdotas, mesmo silencios, que todo xornalista debe manexar para atrapar a alma dun personaxe. Con Roberto Veira non fai falta, basta con mirarlle a contraluz. A maior parte das ocasións chega á sede do Deportivo escoltado polo seu vozarrón, entra na oficina como un vendaval e enche a estancia cunha broma ou unha gargallada. o baile tradicional galego. O conselleiro admite que foi mellor bailarín que futbolista e se hai unha peza que lle vén ao xeito, ou ao bigote, esa é a Muiñeira de Chantada. Pola súa forza e expresividade. “ Poida que gañar o campionato de Liga fose o máximo como integrante da entidade, pero se falamos de sentimentos persoais quedo co día do ascenso a Primeira División ante o Murcia. Aquilo téñoo moi na cabeza. Foi como acabar cun mal soño e espertarme na máis pura felicidade ” RCD: ¿Como entrou na directiva do Real Club Deportivo? “A fichaxe de Kiriakov foi surrealista” RCD: ¿E o máis triste? Arriba, Roberto Veira, o seu sobriño e Toshack. O consello emula aos mosqueteiros na segunda imaxe. Séguelle unha simpática instantánea de Veira e o conselleiro Jesús Rebollo en Noruega, a fotografía do seu catro fillos e un dos seus netos. RCD: ¿Con que xogador queda? Confesionario Afeccións Fillos Cidade preferida Un personaxe Bebida preferida. Comida Equipo preferido Xogador Recuncho preferido Unha época Un desexo Un sentimento
O bailarín dos soños
Hai quen non se ri: sabe como llas gasta o candidato e fai todo o posible para que non logre o seu fin.
Ano 2003. A realidade supera á ficción.
RCD quere render unha pequena homenaxe a cada unha das persoas da xunta directiva que fixeron posible este soño.
A vida pública de Veira virou sobre dous eixos claramente definidos: a banca e o fútbol modesto. En 1951 xa era directivo do Español, xunto ao inefable Pepe Guillín, antes mesmo de que Augusto César Lendoiro, procedente do Ural, tomase a substitución de José González Dopeso e Antonio Fernández na presidencia. Roberto Veira Piñeiro (A Coruña, 1934) gasta fama de darlle boa sorte ao Deportivo nos desprazamentos e aínda sorrí cando rememora a súa gran paixón:
RCD: Nos bos tempos do fútbol local, dicíase que o Español era o Real Madrid dos modestos, ¿que había de certo?
RV: Poida que non acumulásemos tantos títulos, pero si máis categoría, je, je. Recordo que nun partido contra o Imperátor, no vello campo de La Granja, chegaron a confundirnos cun equipo de Acción Católica. A verdade é que non puiden conter a risa. Pero si, o Español acudía impecable aos seus compromisos nuns tempos que non se caracterizaban pola abundancia. Cando tocaba o saúdo entre capitáns, mesmo se dicía que o noso cheiraba a colonia.
RV: Acababa de casarme coa miña segunda muller, cando me telefonou Augusto César Lendoiro. Foi no 87 e coincidiu que me atopaba en Alacante. Cando colguei o teléfono, a miña esposa preguntoume: ‘¿Quen chamou?'. Eu respondinlle: ‘Augusto'. Entón botouse as mans á cabeza, como dicindo... ‘de aquí en diante non vouche a ver nin en pintura'. Teño gravado na memoria as nosas charlas, aparcados en Juana de Veiga, cando eu levaba en coche a Augusto ata a súa casa, e dábannos as dúas, o tres e o catro..., como di a canción. ¿Como esquecer aquelas memorables madrugadas de cháchara?
RCD: Vostede asumiu a política de fichaxes, ¿que operación destacaría?
RV: A viaxe a Bulgaria para fichar a Kiriakov. O presidente Lendoiro dixérame que non informase a ninguén da misión, nin sequera á miña muller. Cando cheguei á capital búlgara, non puiden reprimirme e chameina. Recordo que fun moi parco en palabras: só lle dixen ‘estou en Sofia, estou ben' e colguei. Foi surrealista. Naquela época, os países do Leste abrazáronse ao capitalismo como a unha táboa de salvación e iso, nalgún caso, traduciuse nunha procura de enriquecemento fácil. Había que ter coidado para non caer nos seus amaños. De feito, cando os búlgaros devolvéronnos a visita, recoñeceron que trataran cun enviado do Deportivo leal ao Deportivo.
RCD: ¿Cal foi o momento máis feliz vivido por Roberto Veira no club branquiazul?
RV: Poida que gañar o campionato de Liga fose o máximo como integrante dunha entidade, pero se falamos de sentimentos persoais quedo co día do ascenso ante o Murcia. Aquilo téñoo moi na cabeza. Foi como acabar cun mal soño e espertarche na máis pura felicidade.
RV: Cando Djukic fallou o penalti. Volvinme tolo: saín do palco e empecei a patear as cadeiras. Na miña opinión, debeu tiralo Bebeto. Pouco despois, en Sevilla, antes de gañar a Copa, quixen saber a verdade. Así que me acheguei ao grupo que formaban Fran, Bebeto, Donato e Djukic. Estaba estipulado que lanzarían Donato, Djukic e Bebeto. O brasileiro confesoume que estaba seguro de que o marcaría, pero que el non lle quitaba o balón das mans a un compañeiro e máis se a orde de lanzar procedía do adestrador. Tampouco me gustou o desplante que Arsenio lle fixo ao presidente Lendoiro en Riazor, durante a celebración da Copa do Rei do 95.
RCD: ¿E o máis crítico?
RV: Na campaña 97/98, despois de que o Barcelona levase a Rivaldo, xusto na etapa de José Manuel Curral como substituto do brasileiro Carlos Alberto Silva. Entón fun co Deportivo a Mallorca e fixen unhas declaracións críticas sobre a dirección técnica do equipo. Estas tiveron unha ampla difusión nos medios de comunicación, así que ao día seguinte acudín á sede do club para dicirlle ao presidente que estaba disposto a marcharme. A resposta de Lendoiro foi contundente: “¡Déixache de coñas, Roberto!”
RV: Como persoa, Mauro Silva. De Bebeto, aínda que tiña actitudes infantís, tamén teño un grato recordo. Con Djukic e Fran sempre mantiven unha excelente relación.
RCD: E como futbolista.
RV: Bebeto. A súa contratación e a de Mauro Silva esultó decisiva para crear un gran Deportivo. Con Mauro e Bebeto comezou a lenda do Superdédor. Eu lía moito os xornais de Brasil e este home, Bebeto, xa facía goles como churros no seu país.
RCD: Elixa un adestrador.
RV: Pepe Guillín, no fútbol modesto, era sinónimo de tranquilidade. Nacemos no mesmo barrio, eu na rúa do Progreso e el en Independencia. Levamos xuntos toda a vida, primeiro no Español e despois no Deportivo. Recordo que a súa nai lavaba a roupa do Español e que el andaba dun lado para outro coa xente da Federación. Pepe é, foi e será unha figura.
RCD: Un técnico profesional.
RV: John Toshack. Non tivo sorte na Coruña, quizá debido ao seu carácter, xa que non se lle discutiu o seu maxisterio. Hai que dicir que foi un señor cando se marchou, cobrando o que lle correspondía ata o momento da súa saída. Tecnicamente foi o mellor, un gran estratego. Eu ríame moito con el: é un tipo con moita coña. Un día fun a reprenderlle porque se queixou publicamente da idade media do equipo, personalizando a crítica en Donato. Entón soltoume: “Pero Roberto, parece mentira, todo o mundo sabe que en Brasil empezan a contar os anos a partir da primeira comuñón”.
RCD: ¿Xogou ao fútbol?
RV: Non pasei da famosa Escola de Scopelli. Empecei a traballar aos 15 anos e, por conseguinte, non puiden dedicarlle todo o que me gustou a darlle patadas ao balón. Recordo que na Escola tocoume marcar a Luís Suárez, un grande do fútbol. Aí me dí conta de que non chegaría lonxe.
RCD: ¿Fútbol de antes ou de agora?
RV: O antigo, pola súa espectacularidade e os seus goles. Era moeda habitual ver xogadas que che levantasen do asento e con Amancio no campo aínda máis.
RCD: ¿Como ve o futuro do Dépor?
RV: Sen problemas mentres continúe Lendoiro. O Deportivo está a piques de cumprir cen anos: ¿houbo unha época mellor que a actual? Figuramos entre o catro mellores de España e entre o dez mellores do mundo.
O fútbol por encima de todo. Tamén son afeccionado ao boxeo e ao tenis, aínda que me gustan os deportes en xeral. A música e o baile tradional son os meus outras paixóns. Estiven en Follas Novas, en Coros e Danzas e en Rei de Viana. O baile galego require unha forza tremenda e tiven que deixalo aos 38 anos.
Dous e dous. Sempre tentei facer as cousas con equidade.
A Coruña, aínda que cada sitio ten o seu encanto. Tamén me quedaría con París, Varsovia e Londres. Iso si, para gozar e ver cousas impresionantes, nada como Brasil.
Adolfo Suárez.
Viño tinto, Rioxa. E a cervexa.
Arroz. Tamén o peixe.
O Athletic de Bilbao de Zarra.
Bebeto e Cruyff.
O Orzán. Alí pasei moitos intres da miña infancia. Agora paseo moito polo Orzán e Riazor. Tamén a zona da Costa da Morte..
A Coruña, entre o 50 e o 70. Boto de menos a tranquilidade daqueles anos. Deixaba á miña noiva na Gaiteira e regresaba á miña casa, en San Andrés, e comigo non se metía ninguén. A alegría daquela Coruña e o goce dos seus veráns non volveu repetirse. Di isto un home criado nunha familia de esquerdas, cuxo irmán padeceu o cárcere por comunista.
Que as miñas cinzas se esparzan sobre a baía coruñesa, como Salvador de Madariaga, en cuxa casa vivín.
O que máis quero neste mundo son os meus fillos e a miña muller, María Mercedes Teijeiro.
