RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal reclama unión: Se o equipo quere funcionar moi ben, o equipo ten que estar unido

  Fayçao Fajr compareció esta tarde na sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrincar o adestramento previsto para hoxe xoves na cidade deportiva.

O internacional marroquí pediu "ter un equipo. Temos que estar todos xuntos. Un equipo do porteiro ata o último xogador. Nada"máis .
 
Subliña que o obxectivo "é o mesmo do ano pasado. Somos un equipo e non hai ningún xogador que poida estar arriba dun xogador do equipo. Se o equipo quere funcionar moi ben, o equipo ten que estar unido, un equipo xunto e xa está, que traballa, que corre todo". 
 
Advirte que "agora non che podo dicir que haxa un xogador titular indiscutible. Todos os xogadores son importantes. Como dixen antes, este ano temos que ter un equipo e xa está. Temos que estar todos xuntos, os que xogan e os que non xogan".
 
Ademais, Fayçal opina que "o mellor para nós é que Sidnei quede este ano connosco. Sabemos que é  un xogador moi importante para o Club, para nós, e para min, porque é un moi bo amigo meu. Pero non só é Sidnei ou Luisinho, lévome moi ben con todos os xogadores, tamén con Emre, é un xogador que me gusta moito estar con el e axudarlle".
 
Nesta liña, o polivalente centrocampista branquiazul sostén que "Lucas é como Sidnei. É un xogador importante, que arriba che pode sacar cousas. É un bo futbolista. Era o mellor o ano pasado. Oxalá que quede connosco porque é un xogador importante".