A cidade de Ourense xa presume da súa 8ª edición do DéporCampus Cabreiroá 2025, que foi presentada no campo de fútbol de Oira.
En colaboración co Ourense CF, ao acto asistiron Javier Morgade, Director Xeral do Ourense CF; Manuel Pérez, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; o ex deportivista Chuchi Hidalgo, concelleiro de deportes do Concello de Ourense; Alejandro Vidal, responsable da Fundación RC Deportivo; e Sergio Maurente, coordinador do programa local da Fundación RC Deportivo.
A sede de Ourense desenvolverase nunha única quenda do 7 ao 11 de xullo e a data tope de inscrición en deporcampus.rcdeportivo.es é o martes 1 de xullo ás 14:00 horas.
Cee é unha das 19 sedes distribuídas ao longo das 4 provincias galegas que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega a través da Fundación.
Tamén está aberto o prazo de inscrición no resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para a de Abegondo, que está esgotada posto que, debido ás obras de modernización na Cidade Deportiva houbo limitación de prazas.
Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.
Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son agora mesmo as localizacións nas que se desenvolverá a actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.
Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.
Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.
Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.
Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.