RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Garitano destaca coa honradez e o traballo do equipo. Marcelino ve un Dépor moi competitivo

  Gaizka Garitano manifestó na sala de prensa que "o importante é que todo o mundo se vaia de Riazor sabendo que o equipo pelexou, traballou e foi honrado. Para mí iso é moi importante. Que logo podemos facer bo fútb

A menos de quince días do arranque ligueiro, recoñeceu que "fisicamente nos falta nalgúns xogadores un pouquiño. Hai tres ou catro xogadores: Guilherme leva seis meses sen xogar, Juanfran non fixo pretemporada, Andone chegou hai dúas semanas e non ten unha pretemporada normal despois dun mes de vacacións. Temos oito ou nove días para polos ben de face á liga".

Finalmente, sobre a ausencia de Lucas da convocatoria, Garitano confesou que foi por decisión "técnica". "Non é unha situación fácil para o Club, non é unha situación fácil para o adestrador, non é unha situación fácil para Lucas. Temos que entre todos comprendernos e levar as cousas da mellor maneira posible", apuntou.
 
 
Finalmente, Marcelino García Toral opinou que o Dépor "xogou uns primeiros 30 ou 35 minutos moi bos de fútbol. Fútbol dinámico, rápido, incisivo, presionante. Foi superior a nós nesa fase. Daquela as cousas igualáronse".
 
Aínda que lembrou que é pronto para facer valoracións, o adestrador do Vilarreal define ao Deportivo como "un equipo moi competitivo que vai dar moitas alegrías á súa afección".