RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Goleada ao modesto Hércules de San Pedro

Como non podía ser menos, o Deportivo luciuse ante os Kubala, Kubalita e demais integrantes do Hércules de San Pedro de Nós endosándolles un oito a 1. A visita do Deportivo foi unha festa e todo un acontecemento, enchéndose o campo do Hércules e lanzándos

EN SAN PEDRO. HÉRCULES 1 DEPORTIVO 8

Con motivo da posta en marcha das novas instalacións do Hércules de San Pedro, celebrouse un partido entre este equipo e o Deportivo, encontro que serviu de adestramento para os homes que dirixe José María Martín.

Moita animación, moito público e un partido que gustou aos afeccionados onde se viron abundancia de goles, cousa que sempre interesa ao ?seareiro?. Houbo disparo de bombas de palenque.

Ao final do tempo regulamentario chegouse co resultado de 8-1 a favor do Deportivo. O primeiro período finalizou con 3-1.

HÉRCULES: Alfonso; Faísca, Ballesta, Manolito; Tellado, Kubalita; Héctor, Kubala, Baba, Prado e Miguel.

DEPORTIVO: Canedo; Pardo, Piris, Belló; Albino, Ballesta; Piño, Vales, Pousada, Cocco e Miguel.

Os goles do primeiro tempo marcáronos Cocco (2) e Pousada, para o Deportivo, e Miguel para o Hércules.

No segundo tempo, Piño, Rivas (2), Luís e Piña completarían o 8-1.

Neste período os equipos aliñaron así:

HÉRCULES: Poli; Arcay, Balles, Juán Francisco; Tellado, Kubalita; Roibás, Kubala, Sabio, Prado e Julito.

DEPORTIVO: Jorge; Pardo, Vidal, Vituco; Piña, Luís; Piño, Vales, Castro, Rivas e Miguel.