RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Goleada deportivista no partido de solidariedade co Arteixo

Partido entretido en Riazor entre o Deportivo e o Arteixo, con goles pero sobre todo, con solidariedade co club arteixán que atravesa uns momentos difíciles. Os afeccionados que se achegaron ata o Estadio coruñés puideron ver seis goles e algunha xogada d

Ao dez minutos de xogo Jonathan rematou un centro de Munitis e puña por diante ao Deportivo no marcador. O mozo fabrilista adiantouse á defensa do Arteixo e bateu a Manuel.
Sergio, desde a frontal, marcou pasada a media hora de xogo o segundo gol dos de Irureta. E así con ese resultado chegábase ao descanso.

Na continuación, Tristán marcou en tres ocasiones, unha delas de penalti, e o Arteixo anotou un dos goles en propia porta tras un disparo do fabrilista Iván Carril. Finalmente, seis a cero para os de Irureta que abrazaron nun bonito xesto aos seus compañeiros do conxunto dirixido por Brizzola.

Dani Mallo, Manuel Pablo, Romeu, Mauro Silva, Sergio, Diego Tristán, Munitis, Capdevila, Víctor, Pablo Amo e Jonathan foron os titulares deportivistas esta tarde en Riazor ante o Arteixo.

O club de Brizzola saíu con Manuel, Aless, Bermúdez, Carlocho, Cardelle, Yahve, Trasancos, Manolo, Félix, Lemos e Marcos Suárez.