RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Golpe de efecto do Fabril, que gaña en casa dun dos candidatos ao ascenso, o Zamora CF

O Fabril deu un golpe de efecto ao vencer (1-2) a un dos poderosos, o Zamora CF, firme candidato ao ascenso en compañía do Ourense CF e Pontevedra CF e equipo no que milita o ex deportivista Diego Aguirre.

Decidiu o choque un gol no 97 de Diego Vilan, que saltara ao céspede no 93, ante un rival que xogaba cun menos desde o minuto 69 por expulsión do seu porteiro Fermín.

Con este resultado, o filial suma 30 puntos e é 10º na clasificación de Segunda Federación.

No Fabril foi baixa Kevin Sánchez, expulsado ante os ourensáns a pasada fin de semana por dobre amarela. Outro dos dianteiros, Martín Ochoa, tampouco puido xogar por unha lesión muscular nos isquiotibiais.

Ante isto, Óscar Gilzanz apostou por Mati Castillo en punta, que ademais anotou o gol do empate ao arrincar a segunda metade.

O Zamora CF saíu a por o partido cunha intensa presión. Así nos primeiros minutos Cañizo xutou desde moi lonxe ao traveseiro.

Os locais apertaron e obrigaron a intervir a Hugo Ríos nun par de ocasións neste tramo inicial. "Saíu moito mellor ao partido que nós", admitiu Óscar Gilsanz na sala de prensa.

Mancebo aproveitouse dun inoportuno esvarón de Álex Pereira para adiantar ao Zamora CF. Corría o minuto 11 e o partido púñase xa costa arriba ante un rival moi forte no seu campo.

Lonxe de afundirse, o Fabril aos poucos métese no partido. A primeira ocasión branquiazul foi a de Alfaro, que dispara ao lateral da rede. "Aos 20, 25 minutos, aos poucos e a través do balón fomos capaces de situarnos en campo contrario, de non ter tanto xogo directo de maneira continua contra a nosa liña defensiva. Atrasamos a un dos medios para ter a un xogador máis nesa zona de disputa. O partido foise nivelando máis", subliñou o preparador fabrilista na sala de prensa.

Co partido sen máis sobresaltos nas dúas áreas chégase ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Álex Pereira puido empatar pero o seu remate fóra da área márchase ao pau. Un presaxio do que ocorrería a continuación. "Empezamos ben a segunda parte", apuntou Óscar Gilsanz.

Pouco despois, Hugo Ríos, nunha gran parada, salva o segundo tanto do Zamora CF. Foi quizais una da xogadas clave da tarde.

O partido cambiou de rumbo no minuto 64 co empate, obra de Mati Castillo, que aproveitou un erro da defensa zamorana. 

Pouco despois, o meta local Fermín foi expulsado por derrubar fóra da área a un atacante fabrilista. "Ese gol métenos de cheo no partido e coa expulsión cambia. O Zamora CF, cun xogador menos, seguiuno tentando e nós queriamos chegar con máis pausa, afastar ao rival da nosa portería e facer posesións máis longas", apuntou o adestrador deportivista.

Cun futbolista menos o control foi do Fabril, que logrou o seu merecido premio no minuto 97 grazas a un gol de Vilán que daba 3 valiosos puntos ao filial. "Nesa xogada no saque de banda pola dereita chega ese gol que nos vén moi ben. O equipo viña facendo bos partidos ultimamente e algún caso sumando menos puntos. E neste partido igualado pero para nós dunha esixencia moi grande ante un rival para min dos mellores ímonos moi satisfeitos por ser capaces de igualar un partido que se nos puxo costa arriba e ter ao final esa valentía para chegar con 4 xogadores á área no último suspiro cando hai un mes que no último suspiro perdemos 2 puntos fóra de casa (en Aranda de Douro)", concluíu Óscar Gilsanz.

O vindeiro sábado 9 de marzo, a Fabril visita ao Racing Villalbés na Magdalena (16:45).

Zamora CF: Fermín, C. Parra, Luengo, Bolo, Diego Aguirre (Luis Rivas, min. 67), Juanan (Nico Delmonte, min. 83), C. Ramos, Joel Priego, Dani Hdez. (Julen Castañeda, min. 67), Mancebo (David Troya, min. 72) e Cañizo (Baldrich, min. 83).

Fabril: Ríos, Lache, Álex Pereira, Puerto, Marotías (Baladía, min. 90+3), Brais Val (Barba, min. 90+3), Alfaro, Jairo, Diego Gómez (Thymos, min. 62), Nájera (Jorge, min. 79) e Mati Castillo (Vilán, min. 90+3).

Goles: 1-0 Mancebo (min. 11); 1-1 Mati Castillo (min. 62); 1-2 Vilán (min. 90+7)

Árbitro: Alberto Aranda Bujedo, do comité cántabro. Amoestou a Marotías (min. 40) e Bolo (min. 84).  Expulsou con vermella directa a Fermín (min. 69).

Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Estadio Ruta de la Plata.