Gran fin de semana para #ANOSACANTEIRA, que sobresaíu en Alemaña, co Benxamín A campión da Bielefeld TuS Ost Cup 2018; e en Holanda, co Cadete campión do torneo organizado polo Excelsior Maassluis.
Alevín B e Benxamín B quedaron apeados nos cuartos de final en Calamocha (Teruel) e San Mamed (Vedra, A Coruña); e un equipo alevín do Dépor finalizou en quinta posición do Trofeo Cidade de Vilagarcía de fútbol once.
O Dépor gaña o torneo do club holandés Excelsior Maassluis
Un equipo cadete do Deportivo proclamouse campión do torneo organizado polo club Excelsior Maassluis nas súas instalacións, na cidade holandesa de Maassluis.
Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:
Primeira Fase
Sábado 2 de xuño
EXCELSIOR MAASSLUIS 0 - DEPORTIVO 3 (Antón, Padín e Suárez)
DEPORTIVO 3 (Noel, Axel e Suárez) - ADO DEN HAAG 0
DEPORTIVO 2 (Abel e Novoa) - SPARTA ROTTERDAM 0
Domingo 3 de xuño
Fase polo Título
DEPORTIVO 2 (Novoa e Suárez) - SPARTA ROTTERDAM 0
SPARTANS FC 1 - DEPORTIVO 4 (Novoa -2-, Padín e Axel)
EXCELSIOR MAASSLUIS 0 - DEPORTIVO 2 (Novoa e Padín)
O Benxamín A, entre os mellores da U10 PT Sports JuniorCup
Dobre torneo esta fin de semana para o Benxamín A en Alemaña: a Bielefeld TuS Ost Cup 2018 o pasado venres 1 de xuño; e a U10 PT Sports JuniorCup onte sábado 2 e hoxe domingo 3 de xuño.
Na U10 PT Sports JuniorCup, o Benxamín A logrou unha gran 17ª posición entre un total de 172 equipos.
Os seus resultados foron os seguintes:
Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
HOME FARM DUBLIN FC 0 - BENXAMÍN A 1 (Diego)
BENXAMÍN A 0 - SPARTA ROTTERDAM 0
BENXAMÍN A 3 (Diego -2- e Pablo) - SV SPARTA WERLTE 0
SV VIKTORIA KLEIN-ZIMMERN 0 - BENXAMÍN A 3 (Xabi, Pablo e Yago)
Fase polo Título
BENXAMÍN A 0 - BENFICA 0
BENXAMÍN A 1 (Yago) - LOKOMOTIV MOSCOVA 0
Domingo 3 de xuño
BENXAMÍN A 2 (Nico e Xabi) - HOLSTEIN KIEL 0
BENXAMÍN A 2 (Yago e Diego) - RKV MALINAS 1
BENXAMÍN A 0 - CAMBRIDGE UNITED 1
Fase de Consolación
VfL BOCHUM 4 - BENXAMÍN A 2 (Rilo -2-)
ARMINIA BIELEFELD 2 - BENXAMÍN A 2 (Diego e Nico)
WERDER BREMEN 0 - BENXAMÍN A 1 (Diego)
O pasado venres, o Benxamín A logrou a medalla de ouro na TuS Ost Cup 2018. O flamante campión galego da categoría exhibiu o seu nivel ante rivais xermanos, e iso que arrincou a competición cunha derrota pola mínima.
Os resultados do equipo deportivista neste torneo foron os seguintes:
Primeira Fase
VfB FICHTE BIELEFELD 1 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 5 (Raúl -3- e Diego -2-) - WBS WARSCHAU I 0
SV WESTFALIA RHYNERN 1 - BENXAMÍN A 1 (Diego)
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Nico, Diego e Yago) - SV AVENWEDDE 2
Semifinal
BENXAMÍN A 0 - WESTFALIA RHYNERN 0. Por penaltis: 3-2
Final
FC WUPPERTAL 0 - BENXAMÍN A 3 (Xabi, Yago e Raúl)
O Atlético de Madrid apea ao Alevín B nos cuartos de final da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)
O Alevín B caeu nos cuartos de final da Jamón Cup, torneo que se xoga na localidade de Calamocha (Teruel), ante o Atlético de Madrid.
A pesar diso, os deportivistas, que defendían un título logrado en 2017, realizaron un gran torneo.
Os seus resultados foron os seguintes:
Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 7 (Álex -2-, Eli -2-, Xenxo -2- e Jairo) - UE BORDETA 0
ZARAGOZA 0 - ALEVÍN B 2 (Vergara e Marcos)
CF REUS 2 - ALEVÍN B 1 (Rubén)
ALEVÍN B 1 (Rubén) - VALENCIA CF 0
Domingo 3 de xuño
ALEVÍN B 2 (David e Xenxo) - ELCHE CF 0
Cuartos de final
ALEVÍN B 0 - ATLÉTICO DE MADRID 2
Un equipo Alevín do Dépor acaba quinto no Trofeo Cidade de Vilagarcía
Un equipo alevín do Deportivo realizou un gran torneo en Vilagarcía, con motivo do Trofeo Cidade de Vilagarcía de fútbol once. Acabou o conxunto branquiazul nunha meritoria quinta praza.
Dirixido por Juan Villamisar, o cadro deste equipo estivo formada por futbolistas do Dépor (Luisinho, Pedre, Iván e David Carballo), ademais doutros invitados pertencentes a clubs convidos, caso de: Nico, Martín, Xoan, Ernes e Yeray (San Tirso); Pablo Parada, Juan, Jorge e Álex (Calasanz); Brais, Yago e André (Ancoradouro); Marcos (Victoria FC); Adrián (Villestro); Memet (Cordeiro CF); Luis (Atlético Fátima); e Martín (EF Boiro).
Os seus resultados foron os seguintes:
Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 1 (Álex) - RESIDENCIA 0
DEPORTIVO 3 (Xoan, Ernes e Memet) - OPTICO BERCIANO 0
DEPORTIVO 1 (David Carballo) - OVIEDO VETUSTA 0
DEPORTIVO 2 (Juan e Pablo Parada) - AREOSA 0
Domingo 3 de xuño
Cuartos de final
DEPORTIVO 1 (Marcos) - LUGO 2
Posicións do 5º ao 8º
DEPORTIVO 2 (Yago e Brais) - RACING DE FERROL 0
DEPORTIVO 2 (Xoán e Memet) - COVADONGA 0
O Benxamín B cae en cuartos de final do 6º Torneo San Mamed en Vedra (A Coruña)
O Benxamín B disputou onte sábado 2 de xuño a 6ª edición do Torneo San Mamed, no campo San Mamed en San Mamed de Rivadulla (Vedra, A Coruña).
O conxunto branquiazul caeu eliminado en cuartos de final, nunha quenda de penatis fronte ao Rápido de Bouzas.
Por este motivo, o partido de liga do Benxamín B correspondente á 30ª xornada, última, da Segunda Comarcal A Coruña previsto para onte sábado 2 de xuño ante o Victoria C trasládase ao martes 5 de xuño ás 20:00 horas en Abegondo.
Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:
ED SANTIAGO 0 - BENXAMÍN B 0
BENXAMÍN B 10 (Nico -2-, Uxío -2-, Mauro -2-, Trigo -2-, Ioan e Paulo) - CD SAN MAMED 0
BENXAMÍN B 0 - XUVENTUDE OROSO 0
MILLADOIRO SD 0 - BENXAMÍN B 6 (Caaveiro -3-, Sergio, Paulo e Trigo)
Cuartos de final
RÁPIDO DE BOUZAS 1 - BENXAMÍN B 1 (Nico). Por penaltis: 2-0




