RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gran partido, mal resultado.

Nun partido no Deportivo despregou un gran fútbol, o resultado non foi todo o avultado que cabería esperar visto o sucedido no campo e tras gañar por dous a cero (con goles de Djalminha e Tristán) o Deportivo queda apeado da Champions a mans do Leeds Unit

Comezaba o Deportivo ao ataque, tratando de abrir o campo e buscar os ocos da defensa inglesa, así xa no minuto 3 un centro de Djalminha chega a Pandiani, que dispara contra un defensa. Dous minutos despois o propio Pandiani non chega por pouco a un centro de Víctor.

O o minuto 8, Kewell comete penalti sobre Víctor e sería Djalminha o encargado de transformalo ao enganar totalmente a Martyn que quedaba no centro da portaría. No minuto 12, tras un par de córneres a favor do Deportivo, Fran penétrase na área e sobre a liña derrúbano claramente. O colexiado italiano Braschi non indica nada.

Dous minutos despois co Deportivo envorcado ao ataque, un centro pechado de Fran estrelábase no pau. No minuto 20 o Deportivo baixou un pouquiño o ritmo e o Leeds aproveitaba para retardar o partido. No minuto 30, o Deportivo volvía coa ofensiva e tras un centro de Naybet, incorporado ao ataque, peitea Pandiani, e a punto esta de chegar Makaay á cesión sobre Martyn. Un minuto despois a punto está de marcar Makaay, cando dispara a porta pero crúzase Mateo e desvia a córner.

No minuto de 33 a punto esta de marcar Pandiani, cando tras recibir un pase de Fran, controla co peito, encara a Martyn, regatéao, pero queda sen ángulo e detén Martyn. Un minuto despois era Manuel Pablo o que disparaba desde fóra da área, pero ebota nun defensa e vaise fóra.

No minuto 36, tras un centro afastado de Djalminha, Pandiani remata de cabeza e provoca a estirada de Martyn. Minutos máis tarde prodúcese a mellor ocasión do Leeds ao rescartar Smith unha cesión de Donato a Molina que queda curta, regatear a Molina e o seu disparo, sen ángulo, vaise á rede.

A segunda parte comezaba co Deportivo envorcado sobre a portaría defendida por Martyn, así xa no minuto 4, Romeu dispara desde o bordo da área, e tras tocar Martyn, o balón vaise ao traveseiro. Nos minutos seguintes o deportivo trataba de entrar polas bandas forzando córneres que non eran capaces de aproveitar. No minuto 24 un remate de cabeza de Makaay vaise ao traveseiro. No 26 o árbitro non aprecia penalti nunha derriba a Fran na área.

Ao ataque. Tras os cambios de Valerón e Tristán por Djalminha e Víctor, no minuto 28, era o dianteiro andaluz o que aproveitaba un pase de Valerón tras un centro de Fran para tocar sutilmente co pé e desviar o balón lonxe do alcance de Martyn.

Transcurrian os minutos e Irureta daba entrada a Turu por Pandiani, pero as constantes arremetidas do equipo coruñes non atopaban o mericido gol. Finalizaba o partido con todo o estadio en pé ovacionando a gran actuación do equipo a berros de "campións, campións".

Aliñacións
Polo Deportivo: Molina, Romeu, Donato, Naybet, Manuel Pablo, Mauro, Víctor, Fran, Djalminha, Pandiani e Makaay, mentres que polo Leeds formarán de inicio: Martyn, Farte, Dacourt, Viduka, Kewell, Bowyer, Smith, Mills, Matteo, Batty e Ferdinand

Quedan no banco de suplentes, polo Deportivo: Songo'ou, César, Scaloni, Valerón, Fernando, Tristán e Turu, mentres que o do Leeds estará formado por: Robinson, Wilcox, Bakke, Burns e Maybury.