RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Histórica clasificación do Alevín A para as semifinais do Torneo LaLiga Promises

O Alevín A, flamante campión galego, fixo historia ao clasificarse por primeira vez para as semifinais da 25ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, organizado pola Fundación José Ramón da Morena na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica de Vilarreal.

Para iso, hoxe sábado apeou ao Betis e á Valencia en oitavos e cuartos de final respectivamente. En ambos os partidos, o resultado foi de empate (1-1), pero os deportivistas estiveron máis acertados desde o punto de penalti.

Onte venres, FC Barcelona, RC Celta, Real Sociedad e Sevilla foron os primeiros rivais do Alevín A. Só o Barça, e pola mínima (1-0), puido cos xogadores que prepara Roberto Veres. Os demais foron superados por un gran Alevín A, que tamén se adxudicou un #ONOSODERBI en miniatura ante o Celta a 1.000 quilómetros de Galicia. O equipo branquiazul pasou a oitavos de final como segundo de grupo, por detrás do líder FC Barcelona.

Mañá domingo ás 11:00, retransmitido en directo por Gol, espera o FC Barcelona, por un billete para a final.

Os resultados do equipo que prepara Roberto Veres foron os seguintes:

Venres 1 de xuño
Primeira fase
FC BARCELONA 1 - ALEVÍN A 0
SEVILLA 1 - ALEVÍN A 2 (Pablo e Héctor)
CELTA 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)
REAL SOCIEDAD 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)

Sábado 2 de xuño
Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (Adrián) - BETIS 1. Por penaltis: 4-3

Cuartos de final

ALEVÍN A 1 (Adrián) - VALENCIA 1. Por penaltis: 4-3

Domingo 3 de xuño

Semifinais

11:00: ALEVÍN A - FC BARCELONA (Gol)