RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Histórico

Noite europea en Riazor na que un Deportivo agarrotado ao principio foise soltando ao longo do partido ata gozar de varias ocasións claras de gol que foron culminadas cun tanto de Pandiani a oito minutos do final e que mete ao Deportivo, matematicamente,

Comezaba o partido en Riazor cun cuarto de entrada e saltando polo Deportivo o once que disputou o partido ante a Juventus: Molina, Manuel Pablo, Donato, Naybet, Romeu, Sampaio, Emerson, Víctor, Turu, Djalma e Pandiani. Polo Panathinaikos saltaban ao campo Chalkias, Henriksen, Galetto, Goumas, Warzycha, Vokolos, Saric, Bassinas, Liberopoulos, Karagounis e Fyssas.

O partido comezaba co control do partido do Panathinaikos que non deixaba xogar ao Deportivo. Así se sucederon o dez primeiros minutos aínda que os helenos non dispuxeron de ocasións. A partir do minuto 10 o Deportivo dispuxo dun cuarto de hora de control de xogo no que puxo en serios apuros a Chalkias, a meta visitante, que tivo que empregarse a fondo. Con todo, nin Djalminha, nunha clara ocasión, nin Víctor e tampouco Pandiani puideron marcar e chegábase ao descanso co 0-0 inicial mentres a Juventus perdía ante o Hamburgo.

No segundo período Víctor tamén dispuxo dun par de oportunidades pero Chalkias primeiro, e Nikopolidis despois, que entrou tras a lesión do gardameta titular, abortaban as ocasións. A entrada de Fernando deu máis xogo na banda esquerda. O equipo de Irureta xogou para gañar, en momentos presionado, noutros sen fortuna, pero sempre buscando o gol que non chegaría ata o minuto 82 no que un gran centro medido de Fernando é rematado por Pandiani de cabeza picado batendo a Nikopolidis que non pode facer nada. Sería o primeiro e definitivo gol do partido que clasifica matematicamente ao Deportivo para a segunda fase e con moitas probabilidades, dependendo do resultado de Hamburgo, como cabeza de grupo. Pandiani marcou un tanto histórico para o Club herculino nun partido no que os branquiazuis non acertaron coa portaría.