Arrancou hoxe sábado o Campionato do Mundo de Rusia para os embaixadores do RC Deportivo na gran cita futbolística.
O primeiro en debutar foi Francis, titular con Nixeria fronte a Croacia (2-0), no primeiro partido do grupo 4.
Desta forma, o canteirán deportivista convértese no primeiro xogador da historia do Fabril que xoga nunha Copa do Mundo.
Esta noite, Francis pouco puido facer nos dous goles croatas, un deles de penalti. Incluso o futbolista do Dépor evitou no desconto, cunha gran parada, o terceiro dos balcánicos.
Pola súa banda, Michael Krohn-Dehli non chegou a saltar ao terreo de xogo no triunfo de Dinamarca (0-1) ante Perú.
Mañá domingo 17, a quenda será para Celso Borges con Costa Rica; e Fabian Schär con Suíza. Os 'Ticos' mídense a Serbia (14:00 horas) e os suízos a Brasil (20:00 horas).
Queda para o luns 18 o histórico debut de Panamá co fabrilista Ismael Díaz.
Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:
Celso Borges
Copa do Mundo (Grupo E) Domingo 17 de xuño 16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena
Venres 22 de xuño 15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium
Mércores 27 de xuño 21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium
Fabian Schär
Copa do Mundo (Grupo E) Domingo 17 de xuño 21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena
Venres 22 de xuño 20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium
Mércores 27 de xuño 21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium
Michael Krohn-Dehli
Copa do Mundo (Grupo C) Sábado 16 de xuño PERÚ 0 - DINAMARCA 1
Xoves 21 de xuño 16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena
Martes 26 de xuño 17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)
Francis Uzoho
Copa do Mundo (Grupo D) Sábado 16 de xuño CROACIA 2 - NIXERIA 0
Venres 22 de xuño 18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena
Martes 26 de xuño 21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium
Ismael Díaz
Copa do Mundo (Grupo G) Luns 18 de xuño 17:00: BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)
Domingo 24 de xuño 15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium
Xoves 28 de xuño 21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)